martes, 31 de xaneiro de 2017

OS MINI PROFES DE EDUCACIÓN FÍSICA

As nenas e nenos da clase de 5 anos teñen moita enerxía e moita creatividade. En todas as clases de psicomotricidade dan ideas de xogos que queren facer cos compis, ou desexan compartir algo que aprenderon no entrenamento do Peixe, en clase de rítmica, no fútbol... Así que decidimos darlles un espazo especial en cada clase.
Cada semana hai uns profes axudantes (avisados cunha semana de antelación) que teñen que preparar un xogo para explicar e compartir cos compis.
Un dos profes desta semana foi Dani, que nos ensinou unha divertida carreira de relevos que remataba dunha forma moi creativa. Pasámolo fenomenal. 
Aquí tendes un resumo moi rapidiño jejeje
          

É unha pena que youtube se leve tanta calidade, porque merecían ser vistos en pantalla xigante!
Todos serán profes por un día... que lles fai moita ilusión... aínda que rematan dicindo: "que difícil ser profe, e que non fan caso!" jejeje dobre aprendizaxe!

1 comentario:

  1. q axilidade os pekechos.. uns fenómenos!!!
    e fantástica iniciativa.. encantame!!!

    ResponderEliminar