martes, 31 de outubro de 2017

A MOSCA CHOSCA NA CLASE DE 3 ANOS

Fai unhas semanas na clase de 3 anos traballamos un conto moi divertido: A CASA DA MOSCA CHOSCA. 
A mosca Chosca está xa cansa de dar voltas polo mundo así que decide construír a súa propia casa... e quédalle tan bonita que decide facer unha festa de inauguración.

 

Prepara un delicioso pastel de amoras e o olor vai chegando a todos os animais que pasan preto da súa casa, que non poden resistirse a entrar.



Ela invita a todos a sentarse pero non conseguen comer o pastel porque sempre chega alguén máis, ata que non queda sitio na mesa pero entón... bueno mellor non vos contamos o final que é inesperado e divertido.... descubrideo vos mesmos! 



Coa axuda duns debuxos dos personaxes do conto, que usamos como títeres, repasamos a historia, e aproveitamos para facer un monton de xogos na clase e no ximnasio. 



E un día, recibimos unha visita moi pero que moi especial... A MOSCA CHOSCA ESTIVO EN SEIXO!!! si, si, non estamos tolos!!



Como se nota que pasaron unhas semanas: xa medramos un montón! 



Podedes coller este conto na biblioteca: seguro que vos encanta! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario