mércores, 25 de outubro de 2017

XOGANDO CON PLASTILINA

A plastilina é un material que os peques adoran e co que lles encanta xogar, porque é brando, poden moldealo ao seu gusto, é moi colorido... Por iso e por moitos motivos máis, é un dos materiais que normalmente non falta nas aulas de infantil.


Ao xogar e realizar actividades coa plastilina adquiren axilidade, forza e destreza coas súas mans e os seus dedos, o cal traballa a motricidade fina que é fundamental para o desenvolvemento adecuado do proceso da lectoescritura. 


Ademais a plastilina permite desenvolver a imaxinación e a creatividade. Os nenos poden realizar todas as figuras que a súa imaxinación mande. 


Estes días engadimos unhas bases que deron moito xogo e saíron figuras moi divertidas. É un pracer velos crear.





Ningún comentario:

Publicar un comentario