Ola familias!! Rematamos un segundo trimestre moi longo que desfrutamos e vivimos mogollón.
Traballamos matemáticas, manipulando, observando e razoando:
Xeometría+motricidade fina:
Recoñecendo grafías, analizando cantidades, decidindo se temos que engadir ou quitar elementos para chegar a cantidade que nos indican...
Compoñendo e facendo simetrías...
Compoñéndo e descompoñendo os números, analizando todas as posibilidades de formar un número:
Traballamos xuntos, e de xeito individual:
Comezamos un novo proxecto, queremos investigar e aprender sonbre "OS CANS":
Recibimos na aula a maleta sorpresa, trátase dunha maleta que recolle obxectos e cousas interesantes que nos anima a investigar. Nesta ocasión tróuxonos unha che de cachorriños de diversas razas e uns cantos libros de información.
Pedimos a colaboración das familias para iniciar este proxecto e enseguida recibimos as vosas aportacións e visitas!
Os nenos e nenas explicárnnos con moito detalle o resultado da súa investigación, e nós estamos moi atentos!
Recibimos a visita de Gala, a cadela caniche de Sofía:
Visitounos Nuba, a cadela Braco de Weimar de Antía:
Visitounos Roi, o can mestizo de pinscher e téckel de Ari:
Recibimos a Rufo, o can bóxer da profe Celia:
Fixemos a saída de fin de trimestre, unha pequena andaina pola contorna con posterior merenda de picnic!!
E chegou o ultimo día do trimestre e o festexamos cunha gran merenda e unha búsqueda de ovos de chocolate!!
A profe Bea cóntanos a historia do Coelliño de ovos de chocolate:
Saímos ao ximnasio a buscar as pistas de onde están agochados os ovos e xuntámolas todas:
Cada un escolle unha pista e cando todos temos unha...preparados...listos....e... a buscar os chocolates!!!
E despois nada como unha boa taza de chocolate quentiño cun anaco de rosca!!
Así despedimos un trimestre cheo de aprendizaxes e aventuras!! Agardamos con ansia o terceiro!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario