Ola familias!! Aquí vos traio unha chea de novidades que os peques de 4 están vivindo no cole:
Día do libro: elaboramos un marcapáxinas coa nosa foto e o cole nos agasallou cun minilibro para fomentar a lectura dende pequech@s!
Obradoiro de cociña: entre todos decidimos facer os nosos propios paninis para menrendar, cada un de nós escolleu os ingredientes que máis lle gustaban e... ao forno! estaban boísimos!!!
Proxecto: comezamos un novo proxecto de arte, adicado a Vincent Van Gogh, primeiro descubrimos o seu nome xogando a descubrir que letras forman o seu nome, falamos un pouco da súa vida, e analizamos os seus cadros, o que nos suxiren, o seu xeito de pintar, as cores que emprega, etc.
Biblioteca: aproveitamos os recursos da biblio a tope! Ademais escollemos novos libros de préstamo para compartir en familia. Nesta ocasión fumos a sección de ciencias e aprendemos un montón destes novos libros. Antes de escoller un novo cada semana os peques recomendan aos seus compañeiros o libro que levaron esa semana explicándolles qué é o que máis lles gustou de cada libro, aprendemos un montón!!
Xardín: axeitamos o xardín plantando novas plantas de margaridas... queremos moitas flores no noso patio!!!
Cultura popular: iniciamos o mes de maio saíndo a buscar as xestas, como é tradición, poñémolas nas fiestras e nas portas do cole para que non entren as bruxas...
Consello escolar infantil extraordinario: os xefes do cole convocaron un consello escolar infantil xa que saíu unha noticia sobre dúas árbores presentes na beira do río Loira, aproveitamos esta noticia para ir a visitar o que estaba máis preto do cole, e elaboramos un escrito para apoiar a súa candidatura na inclusión do catálogo de árbores senlleiras de Galicia.
Maios: elaboramos un maio chiquitín, mirade que bonito nos quedou!! Despois representámolo en plastilina e debuxos..e aproveitamos as flores que sobraban para facer colares, pulseiras e coroas.
Letras Galegas: traballamos un pouco sobre Florencio Delgado Gurriarán, aprendemos unha poesía e investigamos un pouco sobre a súa vida.
Sorpresas: Sara Garrido tróuxonos unha pel de serpe que atpou nunha leira que estaban limpando, dounos moito xogo para falar dos reptís, e concretamente das serpes, como nacen, como se moven, que é o que comen, como é o seu corpo, etc... aprendemos un montón!
Xogos de mesa:
Aprendemos a xogar a Lucky Jirafa, un xogo no que aprendemos os conceptos, grande, mediano e pequeno, longo curto, máis que e menos que, encántanos a dinámica deste xogo porque sempre é unha sorpresa a peza do pescozo que nos vai a tocar!
Con Mosquito entrenamos a agudeza visual, a toma de decisións, o control óculomanual e a rapidez de procesamento, é moi divertido porque xogamos os catro á vez!
Pilla colitas: xogamos en gran grupo e tamén por equipos a pillar as colitas, cando xogamos en gran grupo todos podemos roubar as colitas de todos, pero cando xogamos por equipos (mapaches, cocodrilos e raposos) temos que roubar as colitas dos equipos contrarios. Encántanos!!
Coa teacher Pachú xogamos ao xogo "The little ones eating big":
Aniversario: celebramos o aniversario de Izan:
Por fin rematamos a nosa porta de entrada, mirade que chulas nos quedou!
E seguimos aprendendo e xogando nos recunchos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario