Xa estamos de volta, cargados de enerxía e con moitas gamas de aproveitar a tope este ano no cole. A primeira semana estivemos recuperando a confianza, recordando cousiñas prácticas, deixando a vergoña dos primeiros días... e sobre todo, acollendo a Pablo, o novo compi da clase.
A semana do 18 ao 22 comezamos a compartir as nosas fotos do verán e a contar algúns dos recordos das vacacións: encántanos compartir cousas cos compis! Ademais, seguimos aproveitando cada recuncho para xogar e aprender.
Na semana do 25 ao 29 recibimos o outono desfrutando no patio dun tempo soleado. En 4 anos seguimos desfrutando un montón facendo artistadas e manchando as mans.
Algo moi importante deste mes foi que celebramos o aniversario de Roi, que xa ten 4 anos!! Este curso temos novos agasallos e sorpresas para os que cumpren anos, pero coma sempre, facemos unha merenda especial e unha festa para celebrar un ano máis: que é algo moi importante!!
E tamén celebramos que Ariani estivo de aniversario.
Esperamos que desfrutásedes vendo o moito que aproveitamos estas primeiras semanas no cole. Estamos felices xuntos e pasámolo pipa xogando, aprendendo, investigando... xa temos 4 anos así que imos traballar aínda máis este ano!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario