Encántanos o outono porque está cheo de posibilidades que aproveitamos a tope, nos días de sol e tamén nos días de chuvia. Comezamos o mes traballando con moitas propostas relacionadas co outono, celebrando o día dos animais, traballando na horta, participando na radio (para felicitar a compis que están de aniversario)... e de andaina con todo o cole: moito nos gusta facer cousas cos maiores!
A segunda semana do mes foi unha semana cortiña pero moi ben aproveitada, na que tivemos dúas actividades especiais. Coñecemos á tartaruga de Leyre, de 5 anos, e alucinamos moito con ela! Ademais, fixemos unha actividade de cociña, que desfrutamos un montón, na que fixemos flores de mazá: estaban deliciosas!!
Os de 5º de infantil temos unha relación moi especial cos de 5º de primaria, e encántanos que nos visiten na aula, esta semana convidámolos a merendar con nós! E mentres, o outono vai voando coas nosas propostas, artistadas e xogos que cada día facemos mellor e cos que aprendemos un montón.
Na semana do 23 ao 27 celebramos o día das bibliotecas (podedes ver vídeos dese día no blog de Arnaldo premendo AQUÍ). Anxo Moure, o Carballo con botas, estivo no cole e aproveitamos para convidalo a nosa clase e darlle un agasallo moi especial: a nosa versión do seu conto da Xacia Luviñas. Alucinou co conto, cos debuxos.... emocionouse un montón!!!
Ademais subimos á biblio a buscar xogos de mesa, que nos encantan, e con eles aprendemos moitas cousas ao mesmo tempo que nos divertimos.
Tamén arrancou o Samaín e comezamos a facer cousas terroríficamente divertidas para decorar o cole.
Pero, sen dúbida, un dos días máis especiais do mes foi no que celebramos que Mael xa ten 4 anos, porque nos encanta compartir as alegrías e festexalas como merecen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario