Comezamos decembro con moita ilusión esperando a chegada de Pupi, que non deixou de sorprendernos dende o primeiro día. Este ano veu cargado de propostas creativas e agasallounos con materiais chulísimos para facer artistadas na clase. Esta semana tamén falamos moito das persoas con diversidade funcional e, con este tema, fixemos actividades moi especiais. Por suposto comezamos a facer cousiñas de Nadal para decorar o cole, a clase...
Seguimos a tope coas propostas de Pupi para decorar a porta, facer estrelas para o festival, comezamos a facer uns portavelas para decorar na casa, as postais... non paramos!!! Tamén coñecimos a deportistas do clube Tamiar: quedamos pasmados!!
En decembro estivemos ensaiando moito a nosa panxoliña, e a profe grabou un ensaio porque dicía que daba gusto vernos... a verdade é que o fixemos suuuuper ben! No blog de Arnaldo podedes ver a nosa actuación estelar (accedede premendo AQUÍ)
A última semana aproveitámola a topísimo! Fixemos moitísimas cousas entre os plans do cole e as propostas de Pupi: rematamos decoracións, postais, portavelas, cociñamos, saímos a correos, tivemos sesión de cine, estivemos na Galiña Azul de visita... e o último día non paramos entre festival, chocolatada, coa visita de Papá Noel... Tiñamos as vacacións máis que merecidas!! No blog de Arnaldo podedes ver máis actividades deste Nadal (accedede premendo AQUÍ)
Chegounos unha mensaxe que seguro que foi cousa de Pupi que falou con Papá Noel... que ilusión!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario