Bo Nadal familias!!!!
Aquí vos deixo os últimos traballos dos pequechos de 3 anos, están conectados a tope!! Da gusto levarlle novas propostas e actividades porque as aproveitan moitísimo e vese neles un avance enorme!! Ollade como traballan:
O OUTONO:
Fixemos unha minisaída a un souto próximo ao cole, para entender mellor de onde saen as castañas que imos a degustar no magosto, así aprendemos de onde saen (ourizos), a súa árbore (castiñeiro) a forma das súas follas, o bosque de castiñeiros (souto), recollemos moitas castañase por suposto xogamos as agachadas!
MAGOSTO:
Aproveitamos as follas recollidas dos castiñeiros para facer unha coroa para a festa e ademais decoramos os nosos cucuruchos para as castañas.
Aproveitamos as castañas para traballar a grafía de letras e números:
Seguimos traballando as árbores e analizando as súas partes aproveitando as que temos no patio, vemos as súas follas e as diferentes cortizas:
RECANTO DO ARTISTA:
Aproveitamos todo o que aprendemos das árbores para facer un traballo plástico:
Somos uns grandes artistas, tamén a nivel dixital!
Aproveitamos o PDI da metereoloxía para traballar a motricidade fina:
Ademais de seguir coas propostas do grafismo creativo:
Traballamos o conto de Aquiles o puntiño que nos axuda a interiorizar o noso esquema corporal e debuxámolo de xeito cooperativo:
LÓXICA-MATEMÁTICA:
Seguimos traballando cantidades asociandoos as súas grafías, conceptos básicos, xa sabemos que a profe Natalia é máis alta que a profe Jeni, seguimos traballando o círculo de diferentes tamaños e cores, e aproveitamos as formas para facer as nosas propias creacións:
Aproveitamos tamén o rexistro do tempo atmosférico para traballar lectoescritura (temos que buscar o nome do mes no que nos atopamos) e a serie numérica (debemos de atopar o número do día en que nos atopamos para poñer o tempo que fai). Facémolo cada vez mellor!
LECTOESCRITURA:
Traballamos o conto da letra A, e buscámola nos nosos nomes.
Nas rutinas traballamos o nome do encargado, compoñéndoo, escribíndoo, contando as letras, as sílabas...
EXPERIMENTOS:
Novembro é mo mes da ciencia por excelencia nos coles, por iso o profe Óscar viu vestido de científico e explicounos un pouco como traballan os científicos. Ademáis levounos a aula de ciencias para ver todos os aparellos cos que traballan os científicos, interesábanos moito!
Falamos do cerebro, vímolo e tocámolo, e falamos sobre para que serve, e puxémonos a pensar!!
Aproveitamos a visita a aula de ciencias para facer un experimento moi lambón!
Para iso o primeiro que fixemos foi presentar o material e despois xurdeu unha pregunta... Qué pasaría se xuntamos os lacasitos co leite?
Puxémos os nosos cerebros a pensar e... saíron unhas cantas hipóteses, despois un rato de espera e atopamos a conclusión do experimento e comprobamos se as nosas hipóteses estaban no certo, como uns verdadeiros científicos!
Coa teacher Fátima tamén fixemos outro experimento, con papel, color e auga, puidemos ver como a cor se move!!!
Gustounos moito xogar aos científicos!
Aproveitamos os nosos sorrisos para elaborar un mural conxunto con todo o cole e despois reflexionar que hai detrás dun sorriso dun neno/a. As nosas reflexións parten da pregunta que che fai sorrir e estar contento. Así de chulo nos quedou:
25 N:
Outro día importante para conmemorar é o día contra a violencia de xénero. Nós aínda somos un pouco pequenos para entender algunhas cousas así que seguimos enfocando o traballo dende o noso corpo (sacamos fotos das nosas mans e antebrazos) para reflexionar sobre a importancia de axudarnos entre amigos, tratarnos ben evitar as cousas que están mal como pegar.
Así sacamos o lema: AS MANS ESTÁN PARA AXUDAR, NON PARA PEGAR.
Entretanto traballo tamén xogamos mogollón:
NADAL:
En tempo de nadal aproveitamos para facer un montón de actividades:
Manualidades:
Centros de mesa aproveitando follas e ramas das ábores do patio:
Árbores de nadal:
Coa teacher Fátima fixemos uns árbores de nadal co papel reciclado dos experimentos de cor e o profe Óscar montounos facendo unha árbore moi grande. Nos falamos de que en nadal fai moito frío e as nubes ás veces se conxelan e en vez de traer chuvia traen neve. Así que Óscar preparounos uns rolos de papel que ao estampalos en pintura branca semellaban copos de neve. Quedounos chulísimo!
Fixemos adornos coas nosas letras para a árbore do cole, cánto brillaban!
O profe Óscar montou unha cheminea chulísima e aproveitamos para decorala coas nosas árbores e sacar unhas fotos, que guapos saímos!
Aproveitamos as fotos para regalar un precioso recordatorio deste nadal as nosas familias, facémolo todo nós!
Elaboramos as postais para mandarlle a un amigo do cole, quedaron chulísimas! E fumos a correos a envialas.
Aproveitamos que o profe Tano está traballando unha panxoliña dun boneco de neve para decorar así a nosa porta. Tamén decoramos as portas de fóra con motivos navideños:
Fixemos un obradoiro de cociña, galletas de nadal con moito chocolate!
Riquísimo resultado!
Celebramos os aniversario de Nora e Cibrán:
Preparamos o noso traxe para o festival:
Así de guapos estábamos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario