O pasado mes de xaneiro cumpriu anos a nosa compañeira Vera que foi a primeira en celebrar o seu quinto aniversario. Moitos parabéns compañeira e esperamos que o pasaras estupendamente!!!
luns, 12 de marzo de 2018
domingo, 11 de marzo de 2018
PARABÉNS HAIZEA!
Este venres celebramos que Haizea cumple 4 anos!
A súa coroa quedou chulísima porque a fixo con moita ilusión e concentración, e coa axuda dos seus compis.

Celebramos a vida de Haizea con moita alegría e a acompañamos cantándolle nas súas 4 voltas ao sol.
Haizea ten 4 aniños: que emoción!
En cada volta ao sol vimos como Haizea foi medrando dende o día que naceu que estaba tan lindiña no colo da súa mamá.
Sempre queremos volver a ver as fotos unha e outra vez, recordando historias de cando éramos máis peques.
Por suposto Haizea pintou e decorou a súa letra para a parede das iniciais á que xa lle falta pouco para estar completa.

Mirade que alegre e colorida, Haizea colleu unha caracola, das caixas sensoriais, así que a súa letra ten un elemento natural: quedoulle preciosa!
Todos compartimos unha merenda especial con gusanitos e un biscoito delicioso que Haizea trouxo para todos.
E si hai biscoito.... non poden faltar as velas e as cancións!!!
E por suposto, si hai festa, non poden faltar os xogos e os bailes!! Descubrimos unha canción moi bailonga do cumple de Pocoyo e bailámola con mooooita enerxía (que temos moita acumulada de non poder sair ao patio con tanta chuvia!!)
Así de chula vai quedando a parede na que xa luce a H de Haizea. por suposto todos deixamos a nosa pegada no seu agasallo.

Parabéns Haizea!!!
sábado, 10 de marzo de 2018
SANDRA....ÚLTIMO DÍA
Estamos moi tristes porque a profe Sandra xa non está, agora ten que estudiar moito para volver a este cole.
Grazas profe Sandra, polo cariño e atención que nos prestaches, polas túas clases de psicomotricidade tan divertidas, e polo regalo tan chulo que nos fixeches.
Botámoste de menos....non te olvides de nós......!!!
sábado, 3 de marzo de 2018
XOGOS EN PSICOMOTRICIDADE
Nas clases de psicomotricidade, fixemos coa profe Sandra, xogos con panos, carreiras con pelotas canguro, e tamén xogos con números. Pasámolo moi ben....sempre estamos esperando que chegue o luns, para poder disfrutar destes xogos.
venres, 2 de marzo de 2018
CONVIVENCIA COA GALIÑA AZUL
Comezamos esta semana cunha visita moi especial: a dos nosos veciños! Si, si, os nenos e nenas da Galiña Azul estiveron no noso cole, que xa nos apetecía moito vernos máis de cerca e poder xogar xuntos.
Por suposto tiñamos todo preparado para ser uns excelentes anfitrións! Os da clase de 3 anos e Arnaldo recibiron aos pequerrechos, cos que fixeron unha actividade musical. Grazas a nosa profe de música, Luz, todos estes peques de 2 e 3 anos se convertiron nunha gran orquestra. Mirade neste vídeo que ben o fixeron!!
Despois baixaron ata a clase de 4 anos onde fixeron un sinxelo obradoiro plástico.
Coa gran axuda dos nenos e nenas da clase de 4, cada un fixo un títere de Arnaldo para non olvidar a mascota de Seixo que tanto queremos.
Traballaron moi concentrados e axudándose uns aos outros: daba gusto velos!!
Despois foron a xunto dos nenos e nenas da clase de 5 anos que os agardaban cun montón de contos.
En parellas ou pequenos grupos, estiveron no patio lendo.
Foi un momento moi especial compartindo e coñecéndose rodeados de contos!
E por suposto non podía faltar unha rica merenda que compartimos no patio. Seguro que quedastes con ganas de ver máis fotos, verdade? Pois aquí vos deixamos un resumo de todo o que fixeron.
O remate final foi un tempo de xogo libre no patio, os da Galiña estaban desexando xogar no noso marabilloso patio que sempre ven dende o outro lado da ventá e pasámolo pipa: unha maña estupenda!
Volvede pronto a visitarnos!!!
martes, 27 de febreiro de 2018
ROSALÍA NA CLASE DE 3 ANOS
No mes de febreiro celebramos o día de Rosalía, e queremos que dende pequenos os peques coñezan a súa obra e o importante que foi para a nosa lingua. Por iso, de forma especial, limos poemas seus, escoitamos cancións relacionadas coa súa vida.... e entre todos fixemos este mural tan chulo!

Para facelo primeiro pintamos retratos de Rosalía con témperas de barra: cada un elexiu 3 cores para pintala.

Despois, con axuda da profe, recortamos as letras do seu nome... cada día nos gusta máis practicar coas tesoiras e imos collendo precisión!

Despois clasificamos as letras en botes e xogamos con elas pensando diferentes palabras que comezan co mesmo son.

E despois tocounos facer un traballo moi laborioso no que tivemos que estar moi concentrados. Despois de ver como se escribía o nome de Rosalía, con 7 letras, tivemos que buscalas e pegalas en orde.

E como despedida vos deixamos unha canción de Rosalía que nestos días usamos para relaxarnos e que sonou de fondo durante este traballo que requería moita concentración... esforzámonos moito e por iso o mural quedou tan requetechulo!
sábado, 24 de febreiro de 2018
FELIZ ANIVERSARIO PATRICIA !!!
Neste mes de febreiro tivemos de aniversario a Patricia, que xa cumpriu 6 anos. Fixo a súa coroa axudada polos seus compis, e soprou as 6 velas máxicas que o apagalas volvíanse a encender. Foi moi divertido...!!! Todos desexamos que tiveras un día moi feliz...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






