martes, 20 de marzo de 2018

DÍA DA POESÍA

Hoxe celebramos o día da poesía e para celebralo subimos á biblioteca a escoitar poesías con todos os compañeiros do cole e de paso quitámonos unha foto co noso amigo Arnaldo.

APRENDEMOS XOGANDO!!!

Aquí déixovos algunhas das cousas tan divertidas que facemos en clase e a través das cales aprendemos moitas cousas. Que divertido é aprender xogando!!!
 
  
 

 
 
 
 
 

 

luns, 19 de marzo de 2018

IOGA EN PSICOMOTRICIDADE

        A mellor idade para iniciarse na práctica do ioga, e a partir dos catro anos. A práctica do ioga, favorece a relaxación, concentración, e a creatividade. Nunha das clases da profe Sandra, estivemos practicando esta actividade lúdica.  
      Nunca habíamos feito este tipo de actividade, foi moi divertido, e pasámolo moi ben...Grazas profe Sandra por ensinarnos tantas cousas.



venres, 16 de marzo de 2018

XOGANDO COAS LETRAS

      Na clase de 5 anos, gústanos moito xogar coas letras: letras puzle, imantadas, grandes, pequenas, maiúsculas e minúsculas...ect. Como identificamos todas as letras xa podemos formar sílabas e palabras.                   Pasámolo moi ben....!!! porque estamos aprendendo a ler xogando. 





FELIZ ANIVERSARIO PEDRO

Pedro xa ten os 5 anos!!! E para celebralo regalóunos unhas riquísimas galletas!!!
Moitas grazas Pedro e moitos parabéns!!!
 

martes, 13 de marzo de 2018

CELEBRAMOS A SEMANA DA PRENSA E O DÍA DA MULLER TRABALLADORA

A semana pasada dedicámola á prensa e ó dia da muller traballadora para o que buscamos en diferentes xornais noticias nas que as protagonistas fosen mulleres. A infantil tocounos buscar mulleres deportistas e asi foi como atopamos a noticia de Ana Peleteiro e a súa medalla de bronce na categoría de triplo salto.
O primeiro que fixemos foi ver diferentes xornais que hai, como son, as seccións que teñen, características...

 

Despues vimos e falamos sobre os diferentes deportes e o papel das mulleres nos mesmos.

 


Logo traballamos coa noticia de Ana Peleteiro. Visionamos o vídeo do seu salto, cun metro observamos a distancia do salto e intentamos saltar como ela...




 

 
 




Con toda a información fixemos unha ficha onde traballamos a noticia (en que xornal a  atopamos, a data de publicacion, sección..) 
Rematamos facendo un bonito mural e levándonos para casa unha medalla "POLA IGUALDADE" igualita que a de Ana Peleteiro!!!

 








luns, 12 de marzo de 2018

ENTROIDO NA CLASE DE 4 ANOS

Tal e como di o dito "mais vale tarde que nunca.." aqui déixovos unhas fotos do entroido para que vexades o ben que o pasamos e o guapos que fomos.