Este mes, na clase de 4 anos, comenzamos co préstamo de libros semanal e coa mochila viaxeira. Arnaldo convidounos á súa casa e alí a teacher Fátima ensinounos todo o que imos levar nela para casa e fixo entrega da mesma a Mia. Esperamos que disfrutedes con ela!!!
Moitas grazas Arnaldo e Fátima, seguro que ides gozar con todo o que nela levades!!!
Ola familias! A semana pasada estivemos falando sobre que é a discapacidade, se somos iguais ou diferentes... Todo isto fixémolo a través de contos como “Wonder” que trata sobre un neno chamado August que ten un aspecto físico diferente e pensa que non é un neno normal... pero, acaso alguén é normal?
Primeiro conteilles o conto sen que viran as imaxes para que eles mesmos debuxaran a August como considerasen. E a verdade é que todos debuxaron a un neno coma cualquera outro. Despois volvín a contarlles o conto pero esta vez ensinándolles as imaxes... e comprobaron que August tiña un aspecto físico diferente debido a súa enfermidade. Seguidamente, buscamos en internet esta enfermidade: a síndrome de Treacher Collins e vimos imaxes de nenos que a padecen. Reflexionamos e debatemos sobre como nos sentiríamos nós se tivésemos esta enfermidade e se os demais nen@s se burlasen de nós, nos sinalasen co dedo ou nos criticaran as nosas costas... e coincidimos en que nos sentiríamos moi mal e moi tristes.
Finalmente, para poñernos na pel de August, saqueilles unhas fotos cunha aplicación do IPAD que desfigura o rostro.
Aquí deixo as fotos destas actividades:
Logo, tamén tratamos o tema da discapacidade mediante o conto “O cazo de Lorenzo”. Falamos das distintas discapacidades que pode haber: sensorial, física, intelectual... e intentaron realizar un xogo cun cazo atado a un pé ou cos ollos vendados... Deste xeito puideron comprobar que non é nada doado facer algo cando se está privado dun sentido ou cando se ten algunha dificultade.
Aquí vos deixo vídeo da experiencia. Espero que vos guste!
Vivimos nun mundo maravilloso, cheo de persoas, animais, cousas, árbores, flores...cunha diversidade incrible de formas, cores, tamaños... e esa variedade é a que fai que o mundo sexa tan bonito!
As persaoas somos todas diferentes: altos e baixos, louros eou morenos, novos e maiores... e entre esas diferenzas está que todos temos diferentes capacidades.
Celebramos o " Día internacional das persoas con discapacidade" aínda que ven pensado todos temos cousas que se nos dan mellor e outras que se os dan peor, todos temos capacidades e discapacidades porque hai cousas que nos custa mais facer.
Pero hai persoas que o teñen mais dificil no seu día a día porque necesitan una cadeira de rodas , porque teñen algunha síndrome que fai a sua vida mais dificil: para entender, comunicarse, camiñar...
Existen moitos tipos de discapacidade, posiblemente tantas como persoas.
Pero o mais importante é que as persoas con discpacidade tamén son persoas: gústalles comer, rir, xogar, gústanlle estar cos seus amigos... eé ue todas as persoas temos moitas cousas en común
as persoas con discapacidade non queren darnos pena ... o que queren é que os respetemos e axudemos no que poidamos, porque todas as persoas queremos e podemos desfrutar, aprender... cada un ao seu ritmo e a sua forma pero todas temos dereito a apurtunidade de facelo
Na clase probamos a andar sin ver, poñer o abrigo cunha soa man, comer sin usar as mans... e certamente se pensamos no día a día dunha persoa en cadeira de rodas, dunha persoa que non pode ver... son listísimos !!!! un pequeno gran xenio díxonos un día : "se fan tantas cousas con tantas dificultades deberiamos chamarlles CAPACITADOS"
Tamén vimos diferentes contos que tratan o tema da igualdade e inclusión ( Totalmente Adrián, superniños...) pero o que máis traballamos foi o de "Por cuatro esquinitas de nada" .
Limos o conto, vimos o vídeo, o fixemos na mesa de luz e incluso grabamos o noso propio conto que esperamos que vos guste!!!
Ola familias! A semana pasada estivemos vendo contos como “O chuvasqueiro de Aurora”, “Maruxa”, “Artur e Clementina”... entre outros. A través deses contos falamos sobre a igualdade entre homes e mulleres, sobre a violencia de xénero... e despois de moito reflexionar fixemos unhas actividades coma estas.
Mesturamos as cores azul e rosa, e comprobamos que deste xeito faise a cor morada ou lila, a cor da igualdade. Esta actividade traballámola mediante o conto “O chuvasqueiro de Aurora” e, unha vez que xa tiñamos a cor morada, cada nen@ pintou cadanseu chuvasqueiro.
Tamén plasmamos as nosas mans moradas no mural do patio para conmemorar así este día.
Por outra banda, mediante o conto de “Maruxa” falamos sobre a responsabilidade das tarefas do fogar. Estes nen@s de 5 anos non estaban nada de acordo con que Maruxa traballase tanto na casa mentres o seu marido Pepiño folgaba día e noite. Menos mal que Pepiño deuse conta e, ao final, compartían entre os dous os quefaceres diarios.
Así pois, logo de falar largo e tendido sobre a importancia de colaborar todos e todas nos labores do fogar fixemos unha actividade de secuenciación temporal do conto. Primeiro tiñan que seleccionar as imaxes relacionadas co conto e descartar as intrusas. E, seguidamente, pegar por orde cronolóxica as imaxes do conto.
Ola familias! Queríamos contarvos que, algúns días, imos á biblioteca a visitar a Arnaldo e alí xogamos coa Beebot, coas construcións de Lego, e cos xogos de mesa. Mentres xogamos aprendemos unha morea de cousas... e o máis importante é que gozamos como nen@s que somos!
Deixámosvos unhas fotiños para que vexades o que facemos.