mércores, 2 de decembro de 2020

25 DE NOVEMBRO, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Ola familias! A semana pasada estivemos vendo contos como “O chuvasqueiro de Aurora”, “Maruxa”, “Artur e Clementina”... entre outros. A través deses contos falamos sobre a igualdade entre homes e mulleres, sobre a violencia de xénero... e despois de moito reflexionar fixemos unhas actividades coma estas. 

Mesturamos as cores azul e rosa, e comprobamos que deste xeito faise a cor morada ou lila, a cor da igualdade. Esta actividade traballámola mediante o conto “O chuvasqueiro de Aurora” e, unha vez que xa tiñamos a cor morada, cada nen@ pintou cadanseu chuvasqueiro. 




Tamén plasmamos as nosas mans moradas no mural do patio para conmemorar así este día. 




Por outra banda, mediante o conto de “Maruxa” falamos sobre a responsabilidade das tarefas do fogar. Estes nen@s de 5 anos non estaban nada de acordo con que Maruxa traballase tanto na casa mentres o seu marido Pepiño folgaba día e noite. Menos mal que Pepiño deuse conta e, ao final, compartían entre os dous os quefaceres diarios. 

Así pois, logo de falar largo e tendido sobre a importancia de colaborar todos e todas nos labores do fogar fixemos unha actividade de secuenciación temporal do conto. Primeiro tiñan que seleccionar as imaxes relacionadas co conto e descartar as intrusas. E, seguidamente, pegar por orde cronolóxica as imaxes do conto. 










Ningún comentario:

Publicar un comentario