mércores, 23 de decembro de 2020

PROPOSTAS DE NADAL

 Ola familias! Na aula de 5 anos levamos días traballando cousiñas do nadal. Os nenos e nenas pedían a gritos facer actividades relacionadas con esta época do ano que tanto lles gusta. Aquí vos deixamos algunhas fotos de cousas que fixemos. 


Realizamos actividades de manualidades, como por exemplo, pintar as piñas e botarlles purpurina para facer con elas unhas preciosas árbores de Nadal. 






Fixemos tamén adornos para a nosa árbore de aula como estes:




Coloreamos mandalas navideños para adornar a porta da clase.






Por outra banda, tamén fixemos actividades de lóxica-matemática como, poñer tantas bólas como indicaba o número da árbore. 





Tamén realizamos sumas e actividades de conteo na mesa de luz:








Outra actividade foi coas regletas. Tiñan que seguir unha plantilla cadrando os distintos tamaños das regletas para formar figuras relacionadas co Nadal.




 Fixemos quebracabezas navideños.




Xogamos ao xogo do memory con tarxetas de Nadal.




E tamén realizamos actividades de lectoescritura para traballar o vocabulario relativo a esta festividade do ano. 




Adornamos a árbore do cole cos adornos feitos na casa...





E, que non se me olvide! Tivemos a visita de Papa Noel dende o Polo Norte por videoconferencia!



Que afortunados e afortunadas somos, desfrutamos moito con esta visita inesperada de Papa Noel. 

E ata aquí a demostración das nosas actividades. Esperamos que vos gusten moito. E, sobre todo, que gocedes das vacacións. Bo Nadal familias!!!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario