domingo, 6 de decembro de 2020

CONMEMORANDO O 3 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 Ola familias! A semana pasada estivemos falando sobre que é a discapacidade, se somos iguais ou diferentes... Todo isto fixémolo a través de contos como “Wonder” que trata sobre un neno chamado August que ten un aspecto físico diferente e pensa que non é un neno normal... pero, acaso alguén é normal? 

Primeiro conteilles o conto sen que viran as imaxes para que eles mesmos debuxaran a August como considerasen. E a verdade é que todos debuxaron a un neno coma cualquera outro. Despois volvín a contarlles o conto pero esta vez ensinándolles as imaxes... e comprobaron que August tiña un aspecto físico diferente debido a súa enfermidade. Seguidamente, buscamos en internet esta enfermidade: a síndrome de Treacher Collins e vimos imaxes de nenos que a padecen. Reflexionamos e debatemos sobre como nos sentiríamos nós se tivésemos esta enfermidade e se os demais nen@s se burlasen de nós, nos sinalasen co dedo ou nos criticaran as nosas costas... e coincidimos en que nos sentiríamos moi mal e moi tristes. 

Finalmente, para poñernos na pel de August, saqueilles unhas fotos cunha aplicación do IPAD que desfigura o rostro. 

Aquí deixo as fotos destas actividades: 











Logo, tamén tratamos o tema da discapacidade mediante o conto “O cazo de Lorenzo”. Falamos das distintas discapacidades que pode haber: sensorial, física, intelectual... e intentaron realizar un xogo cun cazo atado a un pé ou cos ollos vendados... Deste xeito puideron comprobar que non é nada doado facer algo cando se está privado dun sentido ou cando se ten algunha dificultade. 

Aquí vos deixo vídeo da experiencia. Espero que vos guste!



Ningún comentario:

Publicar un comentario