sábado, 15 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS, DÍA DA FAMILIA E APRENDIZAXE SEN PAUSA!

 Boa tarde a todas e a todos:

 Feliz Día da Familia!!! Este último mes mantivemos en segredo o regaliño que vos agardaba para o día de hoxe, as macetas que con tanto mimo decoramos e nas cales plantamos os pensamentos que agardamos vaian nacendo en breve.


  

    Descubrimos o que había na caixa de zapatos!!! Como xa saberedes... eran vermes da seda! Que sorpresón levamos, non podemos deixar de miralos esperando a que medren!!!


    Puidemos investigar moito sobre eles, e soubemos que despois de varias fases se convertirán en fermosas bolboretas. Gracias a escola de Vilarello do Cra de Valga, e tamén a Dibertribu, que desinteresadamente compartiron material moi útil ao respecto e que nos serviu de moita axuda:



    Pero isto non é motivo para deixar de buscar bechos novos no patio, que sorte de ter tantas zonas verdes, que ademais de permitirnos ver todos estes seres pequeniños, nos permiten xogar, e estreitar lazos cos comapeiros e compañeiras:



    Nesta tempada tamén decidimos que iba sendo hora de darlle un cambio a porta da aula, e puxémonos mans a obra coa decoración, lóxicamente quixemos seguir a temática do noso proxecto polo que decidimos que bechos iban a formar parte, e velaquí o resultado aínda sen rematar:




    En relación a esta temática, todo o que estamos vendo dos bechos parte da estación do ano na que estamos, a primavera, e tamén dende o comezo desta vimos os cambios que xorden nela, polo que decidimos elaborar tulipáns dun xeito menos convencional e máis artístico, co que nos gusta a nos andar entre pinturas...



    Ademais de pintar e decorar, seguimos aprendendo día a día, e mellorando moito na lectoescritura, as veces sen darnos conta, mentres xogamos...




    E por último, queremos mostrarvos o noso xeito de celebrar as Letras Galegas, que este ano se lle adicaron a Xela Arias. Por elo, dende o cole se recolleu información dun xeito moi chulo e diferente, grabándoa e deixándoa neste taboleiro, para que os nenos e nenas poidan pulsar na imaxe que lles interesa e escoitar a información, e alá fomos a probar:



    Como descubrimos que Xela traducía libros ao galego, decidimos leer un anaquiño dun deles, para despois explorar contos escritos en galego libremente:

    Fixemos tamén un faladoiro moi chulo no que participou todo o cole, nos incluídos, con información de actualidade da zona. Se queredes escoitalo pasádevos polo blogue da biblio que non ten perda!

    Por último, queremos deixar por aquí os nosos agradecementos a profe Sandra, que ademais de darnos psicomotricidade e estar connosco na aula en varias sesións axudándonos, traéndonos cousiñas para facer, fai algo moi importante para o blogue... é a fotógrafa oficial da nosa clase!!! A que se lle dá moi ben?

    E aquí me despido eu, a redactora, desexándovos primeiro unha boa ponte. Deica logo familias!!

CONSTRUCCIÓNS + LUZ

Encántanos investigar e descubrir novos e fascinantes xogos como por exemplo a mestura de luz e construccións: marabilloso!!


venres, 14 de maio de 2021

FELIZ PONTE DAS LETRAS GALEGAS!

 Ola a tod@s!

Estes nenos non paran de traballar, da gusto con eles. 
Seguimos disfrutando da arte experimentando coa pintura...


Levamos un tempo preparando o gran día: 
O día das familias!  Felicidades a todos e gracias por estar ahí. Xa tendes nas vosas casas as macetas decoradas e as flores que plantaron estes artistas. Coidalas moito que en pouco tempo estarán cheas de cor. 



Que orgulloso están! 
A nosa compañeira Raquel participou no programa de radio  e Nico deleitounos cun conto.


Ademáis coñecemos un pouquiño a Xela Arias a quen se lle adica este ano as Letras Galegas. E como non podía ser de outra forma compuxemos un mural para celebrar o día.
E disfrutamos de lecturas en galego no noso recuncho do cole especial!

Como vedes disfrutamos moitísimo. Agora toca descansar uns días e disfrutar da familia.
Un saúdo!

domingo, 9 de maio de 2021

Unha chea de cousas!

 Ola familias!! Temos moitas cousas que contarvos, estades preparados?? Ahí vai!

Xa levamos tempo coa mesa sensorial do arroz, encántanos xogar a facer trasvases, comidiñas, esconder obxectos, tocalo, e tamén varrelo cando se nos cae! Esta semana aproveitamos para cambialo de cor... ollade que bonito nos quedou!

Primeiro metemos o arroz en bolsas zip:

 Despois vertemos o tinte na bolsa e pechámola:

 Mezclamos ben o tinte con todo o arroz:

E...mirade que chulada!!!



Seguimos traballando a lectoescritura a través do noso nome, en calquera sitio...



Tamén matemáticas, manipulando os números asociándoos a súa cantidade, e compoñendo a escaleira numérica ascendente e descendente, é unha actividade moi difícil pero que facemos moi ben!!


 

 

Formas xeométricas: recoñecendo as súas propiedades: forma, color, tamaño e grosor.


Con respecto ao proxecto dos bebés, aprendemos moitas cousas: sobre a súa alimentación, a súa vida dentro da mamá, e o que máis nos gusta... ser mamás e papás e poderlle limpar o cú, mudar cueiros, portealos... toda unha experiencia!!


 

 En psicomotricidade, a profe Sandra ensinounas a andar cons zancos... fíxémolo moi ben!!

 



Visitamos a casa de Arnaldo para estrenar puzzles novos!! e tamén algún xogo....

 Traballamos para o cole,  cousas de letras galegas...

 

Entre tanto traballo... merecémonos un picnic!!


 No patio estamos moi pendentes das trampas das velutinas, esta semana atrapamos unha ben grande!!



 

O noso patio está cheo de vida... aínda que cando a atopamos xa non teña tanta...sírvenos de moito aprendizaxe, coñecemos a toupa e ao liscanso.

 

Aproveitamos para contar o contiño da toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza..


 Debuxamos aos animais que coñecemos ese día:



E celebramos o aniversario do noso amigo Izan!! Parabéns capitán!!













xoves, 6 de maio de 2021

XOGANDO COA LUZ

Non deixamos de alucinar cando as profes nos montan tantas propostas para xogar coa luz... e ademais aprendemos un monton de cousas: de números, letras, animais, tamaños...








luns, 3 de maio de 2021

COMEZANDO UN NOVO MES

Boa tarde familias!!
O mes de abril rematou e como xa vos dixemos na entrada anterior, aquí vos mostramos os aniversarios que celebramos neste:

    Brais e Carmen fixeron 6 aniños e nos felices de poder celebralo con eles!!

Neste mes que comeza continuamos investigando sobre os bechos que hai moito por saber e dándolle un toque máis primaveral a aula (en breves vos ensinamos). Agora ben, hoxe na mesa da mestra deixaron algo
E de seguro que zapatos dentro non hai... Que haberá? A ver con que nos sorprende mañá!! Se queredes descubrilo estade atentos e atentas.