domingo, 7 de novembro de 2021

OS DE 5 FESTEXAMOS O SAMAÍN!!!

 Estas semanas pasadas estivemos a traballar na aula o Samaín. Fixemos e aprendemos unha chea de cousas moi divertidas . Aquí móstrovos algunhas das  cousiñas que traballamos:
- Traballamos lóxica matemática, grafomotricidade, robótica...

(tarxetas sacadas de www.jugandoseaprende.com)

Panel beebop de @tatatateach

 -Fixemos unhas  bolsiñas de "truco ou trato" que enchemos de ricos chocolates. Para iso troquelamos figuras monstruosas, pegámolas e estampamos cos selos de letras.



- Decoramos a porta da clase cun dos libros de medo que estivemos lendo todos estes días "Como mola tu escoba".


- Xogamos con xogos de mesa terroríficos...



- Estreamos a "aula de luz".  Alí vimos como brillaban  algúns dos disfraces que  levávamos postos,  limos contos máxicos que só se poden ver coa luz negra e  experimentamos cos diferentes materiais que temos na aula.


- Limos a escuras o conto "Unha pantasma con asma" e fixemos "follas pantasma"


- No recuncho dos recordos, que fixeron as nais e pais do cole, levamos  fotos e recordos dalgúns familiares e mascotas que trouxeron alguns nenos e nenas.

- Estivemos tamén vendo a  chulísima exposición de cabazas que trouxeron os nenos e nenas do cole. Aproveitamos para traballar as cores e tonalidades, para clasificar as  cabazas polos seus tamaños e formas e debuxamos a que máis nos gustou.

-E o venres celebramos o  samaín cunha  riquísima merenda terrorífica (elaborada polas familias que son unhas artistas!!!), bailes monstruosos e moitos sustos...




E así de guapos e guapas viñemos ao cole. Grazas familias pola vosa colaboración!!!

xoves, 4 de novembro de 2021

A PERRUCA DE LUCA

O alumnado de infantil desfrutamos, coa colaboración da ANPA, dunha actividade moi especial dentro do programa "Seixo coeduca: educando a través das artes".

Os contos están cheos de arte e Carme, de Igualadas, pasou unha mañá con nós para contarnos un conto que nos encantou: "La peluca de Luca".

Nin pestanexamos escoitando a historia de Luca...

...deunos moita pena porque se rían del polas súas perrucas...

...pero Luca demostroulles que ser diferente mola un montón e que levar perrucas é mooooi divertido!
 

E como colofón: que ilusión e que sorpresa cando Carme nos agasallou cun conto de Luca para levar a casa... 


...encantunos a historia e as ilustracións tamén.


Grazas a ANPA por agasallarnos con esta actividade, e tamén a Carme de Igualadas por facelo tan divertido e falar con nós do importante que é ser auténticos e non esconder as nosas diferencias que nos fan únicos!

Aquí deixámosvos un vídeo con mooooitas máis fotos desta actividade.

luns, 1 de novembro de 2021

Traballamos...e festexamos!!

 Ola familias!! aquí as últimas novas do mes de outubro, exprimimos os días a tope, para aprender e sobre todo para pasalo ben!! Ollade, ollade:

Coñecemos as árbores do noso patio, xogando, analizando os seus froitos e follas, como se vai notando a estación do outono neles, facendo carreiras ata eles... gústanos un montón a diversidade natural do noso patio, é un tesouro!!

Decoramos a nosa porta con árbores, nas que iremos reflectindo o paso das estacións.



Ademais recibimos visitas inesperadas...

Seguimos traballando a través do xogo... asociando cantidades con grafías a través de pezas soltas, dominós, seguindo a serie numérica cos xogos de cartas de formas xeométricas, traballando o conteo co xogo da oca, o autocontrol e motricidade fina coa tartaruga do equilibrio... estamos moi concentrados!!






 

 Celebramos aniversarios: 

 Contiños ao aire libre:


E comezamos a traballar e a festexar o samaín!! Comezamos por decorar a nosa porta con un conto que nos encanta...A bruxa regañadentes!!


Traballamos cantidades e seriacións con pasta de Samaín...

Amosamos as nosas cabazas decoradas na exposición do cole...


Desfrutamos da lectura as escuras...

Disfrazámonos con traxes terroríficos:



Comezamos a usar os lápis especiais para practicar a posición correcta de agarre, é moi doado porque xa teñen uns buratiños onde nos indica onde debe apoiarse cada dedo.


A teacher María convidounos a mazás envelenadas...

E seguimos coas nosas merendas terroríficas...




Pasámolo de maravilla!!!