O alumnado de infantil desfrutamos, coa colaboración da ANPA, dunha actividade moi especial dentro do programa "Seixo coeduca: educando a través das artes".
Os contos están cheos de arte e Carme, de Igualadas, pasou unha mañá con nós para contarnos un conto que nos encantou: "La peluca de Luca".
Nin pestanexamos escoitando a historia de Luca...
...deunos moita pena porque se rían del polas súas perrucas...
...pero Luca demostroulles que ser diferente mola un montón e que levar perrucas é mooooi divertido!
E como colofón: que ilusión e que sorpresa cando Carme nos agasallou cun conto de Luca para levar a casa...
...encantunos a historia e as ilustracións tamén.
Grazas a ANPA por agasallarnos con esta actividade, e tamén a Carme de Igualadas por facelo tan divertido e falar con nós do importante que é ser auténticos e non esconder as nosas diferencias que nos fan únicos!
Aquí deixámosvos un vídeo con mooooitas máis fotos desta actividade.
Yuuuupiìii..!!!
ResponderEliminar