Na clase de 3 anos comezamos traballando o Samaín co conto "Corre, corre cabaciña" e fixemos as nosas propias cabazas.
Tamén fixemos pantasmas coas mans para decorar o corredor.
Mirade que cabazas mais chulas fixemos coas nosas familias.
Así de ben comemos as nosas merendas terroríficas.
Tivemos tempo para ler as escuras. Encántannos as lanternas.
A profe Ana levounos a clase de luz onde xogamos cos contadores, letras, bloques sensoriais, espellos,...
Pasámolo tan ben que ao cabo duns días voltamos á aula de luz. Nesta ocasión traballamos cos rotuladores fluorescentes na luz negra e compusemos o noso nome.
Continuamos facendo cousiñas desta estación que tanto nos gusta.
Gustanos bastante facer xogos en gran grupo na asemblea. Neste caso fomos facendo grupos de 3, 2 e unha piña. Despois emparellamos os conxuntos que tiñan a mesma cantidade ademais de poñerlle a etiqueta co número que indica a cantidade.
Outro día fomos pescadores e tivemos que "pescar" cos aros "peixes" segundo o seu numero. Fixémolo xenial.
Desde que comezamos o cole estamos traballando as letras do noso nome porque para nós é algo moi significativo e importante. Estamos facendo a grafía da inicial do noso nome e dos nosos compañeiros con castañas.
Coa teacher María facemos moitos xogos e cancións.
Por suposto traballamos nos recantos xogando moito.
Cando chove aínda que non podemos sair ao patio temos a sorte de poder xogar nos soportais cos xogos novos que mercou biblioteca do cole.
Estivemos trasplantando unha planta que temos no recanto de experiencias.
Para celebrar o Magosto preparamos uns cucuruchos moi coloridos.
E por fin chegou o gran día do Magosto. Tivemos tempo para todo, comemos castañas que algúns ata repetimos, xogamos cos zancos, a encestar aros, aos bolos e a roubar as coliñas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario