Ola familias!!!
Estas dúas semanas aproveitamolas a tope para facer un pouco de todo...
Comezamos traballando lectoescritura, contamos o conto "El bizcocho de la B" e gustounos tanto que decidimos facer un nós... ummm que rico cheiraba!!
Estaba boísimo!!!
Entre todos escribimos a receita e despois fomos a sacar copias a fotocopiadora.
Seguimos artisteando:
Recollendo follas de arce no patio e decorándoas coas cores do outono:
Facendo esculturas con plastelina e materiais naturais:
Practicando coas tesoiras de papel:
Aproveitamos o bo tempo para desfrutar dos picnics nas mesas do patio:
Pero se nos pilla un chuvasco....todos á casiña!!!
Agora temos un baúl de disfraces!! Poñémonos guapísimos!!
Aproveitamos os recunchos de xeito libre:
Traballamos matemáticas, a través de distintas actividades:
Facemos simetrías cos bloques lóxicos:
Emparellamentos de cantidades:
Facemos seriacións cos pinchitos:
Traballamos a secuencia numérica ascendente e descendente:
Traballamos a lectoescritura a través de xogos:
Facemos investigacións sobre a flora do noso contorno, facendo varias saídas:
A carballeira:
Buscando cogomelos atópamosnos cun carballo impresionante:
Atopamos unhas flores malvas que nos gustaron moito, e aprendemos que dos seus estames quítase o azafrán para cociñar:
Preguntamos a Vilas, que coñece moi ben os tipos de cogomelos, se os que atopamos eran comestibles ou velenosos, e ensinounos libros sobre eles, ademáis de aclarar as nosas dúbidas.
Celebramos os aniversarios de Shayla e Martín que xa teñen 4 anos!!! Parabéns amiguiños!!
E comezamos a preparación do Magosto, preparando os nosos cucuruchos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario