Ola familias!!!
Na clase de 4 anos seguimos traballando arreo, e como o desfrutamos!!
Aproveitamos que o liquidámbar estaba precioso e moitas follas caídas na fin de semana, para ir a facer unha festa de outono, que ben o pasamos tirándo follas ao aire!!
Quedamos guapísimos!!
Aproveitamos os xogos no chan para traballar a serie numérica, o conteo e a identificación dos números vivenciándoos co noso corpo.
Ademáis aprendemos a respectar o turno e a memorizar as normas do xogo, estamos moi atentos!!
Na saída que fixemos a carballeira recollemos moitas landras, e fixemos un experimento de flotabilidade para saber cales servían para sementar e cales non. As que flotaban descartámolas e as que se afundían plantámolas nun semilleiro para ver como xerminan os carballos.
Con motivo da conmemoración do 25 N, comezamos a traballar de xeito natural na aula, sobre os bos e os malos tratos, estas son as nosas reflexións:
Temos moi claro cómo queremos que nos traten e como non debemos tratar nós a xente, isto non é un traballo que acaba pasado o 25N, senón que é unha prioridade máxima no noso día a día no cole.
Traballamos o conto de Orellas de bolboreta, que nos axudou a ver cómo Mara, unha nena coa que se metían todos os nenos, convertía tódolos comentarios negativos que lle facían en cousas bonitas, e canto importante é aceptarse e quererse a un mesmo tal e como se é.
Fixemos unhas bolboretas que decoramos na aula de luz aproveitando a luz ultravioleta e os biberóns de pintura fluorescente, e despois compuxemos con gomets de letras palabras de bos tratos.
Gustáronnos tantos os biberóns de pintura que lle pedimos a profe facer máis bolboretas e debuxos libres.
É así nos quedou o mural baixo o lema: "CONTRA O MALTRATO:BO TRATO!!!"
Seguimos traballando os volcáns e esta semana experimentamos cun novo material...o barro!! que gustirrinín!!
Deixámolo secar uns días e listo para facer a erupción!! Empregamos vinagre, xel, colorante e un par de cucharadas de bicarbonato e bummmm!!!Quedamos abraiados!!!
Na asamblea seguimos traballando os contidos máis instrumentais de lectoescritura e lóxicamatemática:
Escribimos o noso nome, contamos as letras e as sílabas que ten e escribimos o número delas.Tamén pasamos lista lendo o nome dos nosos compis, cada día facémolo mellor! Aprendemos moitísimo!!
E sobre todo seguimos xogando e aprendendo de xeito autónomo e libre!
Ningún comentario:
Publicar un comentario