Estas semanas pasadas estivemos a traballar na aula o Samaín. Fixemos e aprendemos unha chea de cousas moi divertidas . Aquí móstrovos algunhas das cousiñas que traballamos:
- Traballamos lóxica matemática, grafomotricidade, robótica...
(tarxetas sacadas de www.jugandoseaprende.com) |
-Fixemos unhas bolsiñas de "truco ou trato" que enchemos de ricos chocolates. Para iso troquelamos figuras monstruosas, pegámolas e estampamos cos selos de letras.
- Decoramos a porta da clase cun dos libros de medo que estivemos lendo todos estes días "Como mola tu escoba".
- Xogamos con xogos de mesa terroríficos...
- Limos a escuras o conto "Unha pantasma con asma" e fixemos "follas pantasma"
- No recuncho dos recordos, que fixeron as nais e pais do cole, levamos fotos e recordos dalgúns familiares e mascotas que trouxeron alguns nenos e nenas.
- Estivemos tamén vendo a chulísima exposición de cabazas que trouxeron os nenos e nenas do cole. Aproveitamos para traballar as cores e tonalidades, para clasificar as cabazas polos seus tamaños e formas e debuxamos a que máis nos gustou.
E así de guapos e guapas viñemos ao cole. Grazas familias pola vosa colaboración!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario