Os pequerrechos e pequerrechas do cole estamos moi motivados coas letras, sobre todo, as do noso nome. Nesta ocasión decoramos con gomets a inicial do noso nome, pegámoslle a foto da nosa cara e debuxámoslle brazos e pernas, coma se a nosa inicial fose a nosa barriga-tronco.
Como as pezas que teñen forma de círculo non teñen esquinas poden rodar e iso foi o que fixemos: facelas rodar ata o compañeiro.
Xogamos ao memori dos números.
Aproveitando o bonito que está o liquidámbar do patio saímos a xogar coas follas de outono.
Traballamos os nosos nomes e os dos nosos compañeiros en diferentes versións: repasando as letras grosas, escribíndoo con xiz, cos tapóns e coas letras de velcro. Estas actividades que tanto nos gustan continuarémola facendo ao longo do curso e de seguro que tamén no vindeiro.
Coñecemos a unha amiguiña moi molona "Beebot" unha abelliña robot que nos gusta moitísimo. Fixémola chegar ata a inicial do noso nome con movementos cara adiante e cara atrás contando as pezas do noso taboleiro. Pouquiño a pouco irémoslle collendo o truco e faremos movementos mais complexos.
Por suposto , seguimos artisteando ( é o que ten ser uns grandes artistas)
Aproveitando que novembro é o mes da ciencia fixemos o experimento de "Leite máxica" con leite, colorante alimentario, xabón lava-vaixelas e bastonciños. Gustounos tanto que o repetimos en tres ocasións.
Con motivo da conmemoración do 25 N, estivemos falando na clase sobre como tratamos ben aos demais (nais, pais, avós, amigos) e como nos gusta que nos traten. Por suposto a todos nos gusta que nos traten ben: con bicos, apertas, sen gritar, axudando aos demais, coidándonos,sendo bos amigos...
Despois da conversa decoramos as bolboretas das palabras bonitas e as pegamos no mural do cole que ten como lema: "Contra o maltrato:bo trato".
Para conmemorar esta data tamén tivemos a sorte de gozar da actuación de Tarabelos que nos contou a historia de "Manuela e Manuel" e ademais contamos coa presenza do señor Coucho.
Despois da actuación fixemos un debuxo da historia.
Divertímonos xogando nos recantos
No ximnasio
Ningún comentario:
Publicar un comentario