mércores, 29 de decembro de 2021

Argallando no Nadal!!

 Ola familias!!

Este mes de decembro a clase de 4 anos parecía unha fábrica de adornos de Nadal, fixemos unha chea de cousas!!! mirade, mirade:

 Fixemos uns papanoeles para colgar no corredor, leváronnos moito traballo!! Pintar, barnizar con cola e purpurina, decorar con algodón, ollos móviles e pompóns... pero quedaron preciosos!


Comezamos a traballar o tema da reciclaxe, que afondaremos máis adiante, pero xa sabemos que dentro dela está o termo de reutilizar, e isto é o que fixemos con rolos de papel: uns renos para decorar a árbore de nadal da nosa entrada:

Para decorar a nosa porta, pintamos un prato de cartón de dourado e decorámolo con estrelas de purpurina, e dentro a nosa foto de trasnos:

Falamos que no nadal tamén cambiamos de ano, e que o día de noitevella despediremos ao 2021 e daremos a benvida ao 2022, por iso quixemos facer un mural de fogos artificiais para celebralo. Nel tamén reutilizamos rolos de papel, é que dan para moito!! Como non... tamén lle botamos purpurina...Mirade que chulo nos quedou:

Aproveitamos o mural para facer unha foto de grupo, e unha individual para facer un recordatorio do Nadal de este ano no cole, e compuxemos nós soíños a felicitación que ía dentro del.

Tamén nos dou tempo a elaborar un adorno con elementos naturais:

Barnizamos con cola unha piña e puxémoslle purpurina da cor que máis nos gustaba e despois decorámola con pompóns pequeniños.

 Aproveitamos tamén follas do liquidámbar do cole e de carballo americano para crear adornos para a nosa árbore da entrada, cómo brillaban!!

Elaboramos unha postal de felicitación de Nadal para un amiguiño da nosa clase, elixímolo en segredo...

Decidimos envialas por correo, para iso falamos da profesión do carteiro, dos datos que teñen que ir no sobre para que as cartas cheguen a casa, e do selo, e de ese señor que aparece nel, que din que é o rei de España, pero concluímos que a nós os reis que máis nos gustan son Os magos, os de verdade, jijiji.

 E botamos a nosa carta no buzón!


Aproveitamos para entrar na plaza e ver os establecementos que había nela, estamos moi interesados e atentos a todo!

Fumos de paseo no tren...grazas a espontánea que nos gravou!!

 

E o último día fixemos un obradoiro de cociña... Galletas de nadal!

E cando baixamos da cociña..... 

Sorpresa!!!

Papá Noel estaba esperándonos para falar con nós e darnos unhas chuches!



 

Nós tiñamos feita unha carta, pero era para os Reis Magos, porque como son tres... traeránnos máis agasallos...

E para merendar...chocolate con churros... e galletas...!!!

Pero... non pensedes que só foi isto o que fixemos durante este mes... aínda hai máis!

Escribimos na pizarra branca, palabras que nos gustaban de xeito espontáneo:


Decoramos as nosas bolsas portatraballos con rotus de tela:


Contamos o conto de "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis":

Xogamos a embarazadas... un clásico nos nosos patios...

No obradoiro de literarte traballamos o conto de Grisela, unha ratiña que non se sentía bonita tal como era e probaba a pintarse de todo pero nada lle gustaba, ata que un día lle dixeron que tiña un pelo gris fermoso, e Grisela púxose moi contenta de que alguén a valorase tal é como era. Nós fixémola nosa e decorámola para poñela ben guapa.

Ollamos no ceo o arco da vella, intres pequenos que compartimos vendo algo fermoso:

Por último, só me queda dexesarvos unhas felices festas, e que o ano novo vos traia a todos, moita saúde, porque sorte xa tedes porque gozades da compañía destas maravillosas personiñas. Vémonos o ano que vén!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario