Comezamos o mes facendo uns renos con rolos de papel aproveitando que a nosa panxoliña é a de "Rodolfo el reno".
Elaboramos uns adornos para decorar na casa este Nadal.
Pintamos piñas de dourado e botámoslle moita purpurina.
Fixemos uns recordatorios de Nadal moi chulos ( é o que ten ser uns grandes artistas). Primeiro pintamos cartóns de dourado.
Pintamos con cola follas naturais de carballo americano e despois cubrímolas con purpurina.
Pegamos as follas na portada do recordatorio e decoramos con estreliñas.
Pegamos a foto individual e a de grupo. Por último pegamos as letras de "Bo Nadal"
Preparamos as portadas das nosas carpetas dos traballiños.
A finais de novembro plantamos castañas. A ver se temos sorte e nace algún castiñeiro.
Pedímoslle aos nenos e nenas da clase de 4 anos o volcán que fixeron e levamos a cabo o experimento da lava. Encantounos.
O pasado venres fomos á oficina de correos a botar unhas cartas moi especiais para os nosos amigos e amigas. Estaremos moi atentos ao buzón da nosa casa!!!
Onte fomos no tren de Nadal ata Marín. Pasámolo moi ben!!!
Hoxe recibimos a visita de Papa Noel e desfrutamos de chocolate con churros.
Por último os nenos e nenas de 3 anos queremos que teñades un BO NADAL E FELIZ ANINOVO, desexamos que o vindeiro ano veña cargadiño de alegría, diversión e moita moita saúde para todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario