Nesta entrada mostrámosvos diferentes actividades que fixemos ao longo deste primeiro trimestre para que vexades que cousas mais chulas facemos, o ben que o pasamos e cantas cousas aprendemos de maneira divertida!!!
Traballamos lóxica matemática:
Xogamos e traballamos coas letras e trazos:
(tarxetas @cosasdecoles)
(Material @eldiariodemiaula, www.orientaciónandújar.es)
Xogamos coa ruleta de Ikea:
(material obtenido en: @cosasdecoles)
Xogamos cos ipads:
Plantamos castañas (primeiro vimos cales flotaban e cales non , plantámolas, regámolas e gardámolas no pequeno invernadoiro do patio). A ver cantas crecen!!!
Aproveitamos un libro que trouxo Iago ao cole, vimos como funciona o noso aparello dixestivo e que alimentos son máis saudables para o noso corpo e cales só podemos comer de vez en cando (a pesar de que están moi ricos...) e falamos da importancia tamén do deporte e de beber auga . Despois fixemos a pirámide alimenticia que nos quedou xenial!!!
Celebramos o 25 N: Día contra a violencia de xénero: lemos o conto de "Orellas de bolboreta" e traballamos o tema do "bo trato". Despues fixemos na aula de luz unhas bolboretas florescentes onde cada un escribiu unha palabra relacionada co bo trato e as colocamos no mural do cole "Contra o maltrato: bo trato" sobre Mara e as súas preciosas orellas de bolboreta.
Collemos follas, comparámolas, xogamos con elas, traballamos as diferentes tonalidades...
Neste primeiro trimestre tamén empezamos coas mochilas viaxeiras que xa pasaron por varias familias e co préstamos de libros semanal.
Troquelamos e facemos obras de arte
E tamén xogamos na aula nos diferentes recantos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario