venres, 12 de novembro de 2021

O ritmo non para!!

 Ola familias!!!

Estas dúas semanas aproveitamolas a tope para facer un pouco de todo...

Comezamos traballando lectoescritura, contamos o conto "El bizcocho de la B" e gustounos tanto que decidimos facer un nós... ummm que rico cheiraba!!




Estaba boísimo!!!

Entre todos escribimos a receita e despois fomos a sacar copias a fotocopiadora.

 Seguimos artisteando:

Recollendo follas de arce no patio e decorándoas coas cores do outono:

 Facendo esculturas con plastelina e materiais naturais:

Practicando coas tesoiras de papel:


Aproveitamos o bo tempo para desfrutar dos picnics nas mesas do patio:

Pero se nos pilla un chuvasco....todos á casiña!!!

Agora temos un baúl de disfraces!! Poñémonos guapísimos!!

Aproveitamos os recunchos de xeito libre:

 

  

Traballamos matemáticas, a través de distintas actividades:

Facemos simetrías cos bloques lóxicos:

Emparellamentos de cantidades:

Facemos seriacións cos pinchitos:

Traballamos a secuencia numérica ascendente e descendente:


Traballamos a lectoescritura a través de xogos:







Facemos investigacións sobre a flora do noso contorno, facendo varias saídas:

A carballeira:





 

Buscando cogomelos atópamosnos cun carballo impresionante:






Atopamos unhas flores malvas que nos gustaron moito, e aprendemos que dos seus estames quítase o azafrán para cociñar:

Preguntamos a Vilas, que coñece moi ben os tipos de cogomelos, se os que atopamos eran comestibles ou velenosos, e ensinounos libros sobre eles, ademáis de aclarar as nosas dúbidas.



Celebramos os aniversarios de Shayla e Martín que xa teñen 4 anos!!! Parabéns amiguiños!!


E comezamos a preparación do Magosto, preparando os nosos cucuruchos:


E desfrutamos da papadela:
 
 
 E dos xogos populares:





Gozamos moitísimoo!!!









xoves, 11 de novembro de 2021

TRABALLAMOS E CELEBRAMOS

Na clase de 3 anos comezamos traballando o Samaín co conto "Corre, corre cabaciña" e  fixemos as nosas propias cabazas.

 

 

 

 

 Tamén fixemos pantasmas coas mans para decorar o corredor.

 

 

 

 Mirade que cabazas mais chulas fixemos coas nosas familias.

 

 

 

 

 Así de ben comemos as nosas merendas terroríficas.

 

 

 Tivemos tempo para ler as escuras. Encántannos as lanternas.

 

 A profe Ana levounos a clase de luz onde xogamos cos contadores, letras, bloques sensoriais, espellos,...

 

 

 Pasámolo tan ben que ao cabo duns días voltamos á aula de luz. Nesta ocasión traballamos cos rotuladores fluorescentes na luz negra e  compusemos o noso nome.

 

 

 

 Continuamos facendo cousiñas desta estación que tanto nos gusta.

 

 

 Gustanos bastante facer xogos en gran grupo na asemblea. Neste caso fomos facendo grupos de 3, 2 e unha piña. Despois emparellamos os conxuntos que tiñan a mesma cantidade ademais de poñerlle a etiqueta co número que indica a cantidade.

 

 Outro día fomos pescadores e tivemos que "pescar" cos aros "peixes" segundo o seu numero. Fixémolo xenial.

 Desde que comezamos o cole estamos traballando as letras do noso nome porque para nós é algo moi significativo e importante. Estamos facendo a grafía da inicial do noso nome e dos nosos compañeiros con castañas.

 

 

Coa teacher María facemos moitos xogos e cancións.

Por suposto traballamos nos recantos xogando moito.

Cando chove  aínda que non podemos sair ao patio temos a sorte de poder xogar nos soportais cos xogos novos que mercou  biblioteca do cole.


Estivemos trasplantando unha planta que temos no recanto de experiencias.


Para celebrar o Magosto preparamos uns cucuruchos moi coloridos.


E por fin chegou o gran día do Magosto. Tivemos tempo para todo, comemos castañas que algúns ata repetimos, xogamos cos zancos, a encestar aros, aos bolos e a roubar as coliñas.