venres, 3 de decembro de 2021

OS PEQUERRECHOS NON PARAN

 Os pequerrechos e pequerrechas do cole estamos moi motivados coas letras, sobre todo, as do noso nome. Nesta ocasión decoramos con gomets a inicial do noso nome, pegámoslle a foto da nosa cara e debuxámoslle brazos e pernas, coma se a nosa inicial fose a nosa barriga-tronco.



 Tamén adoitamos adicarlle unha parte da asemblea a realizar xogos en gran grupo. Comezamos clasificando as pezas que teñen forma de círculo. Observamos tamén as diferentes cores, tamaños e grosores.

 

 Como as pezas que teñen forma de círculo non teñen esquinas poden rodar e iso foi o que fixemos: facelas rodar ata o compañeiro.


Outro día clasificamos as pezas polo súa forma (círculo, cadrado e triángulo)


 

 
Tamén xogamos a coller duna bolsa diferentes imaxes de obxectos que teñen forma de círculo, cadrado ou triángulo e os colocamos segundo a súa forma.


Xogamos ao memori dos números.

 
 
 
Fixemos series con elementos naturais
 

 Traballamos as equivalencias entre conxuntos: primeiro emparellamos conxuntos que teñen o mesmo número de elementos, despois buscamos conxuntos co mesmo número de elementos e finalmente creamos conxuntos co mesmo número de elementos.

 Aproveitando o bonito que está o liquidámbar do patio saímos a xogar coas follas de outono.


Traballamos os nosos nomes e os dos nosos compañeiros en diferentes versións: repasando as letras grosas, escribíndoo con xiz, cos tapóns e coas letras de velcro. Estas actividades que tanto nos gustan continuarémola facendo ao longo do curso e de seguro que tamén no vindeiro.





 

 

 Coñecemos a unha amiguiña moi molona "Beebot" unha abelliña robot que nos gusta moitísimo. Fixémola chegar ata a inicial do noso nome con movementos cara adiante e cara atrás contando as pezas do noso taboleiro. Pouquiño a pouco irémoslle collendo o truco e faremos movementos mais complexos.


Por suposto , seguimos artisteando ( é o que ten ser uns grandes artistas)

 

 

Aproveitando que novembro é o mes da ciencia fixemos o experimento de "Leite  máxica" con leite, colorante alimentario, xabón lava-vaixelas e bastonciños. Gustounos tanto que o repetimos en tres ocasións.

Con motivo da conmemoración do 25 N, estivemos falando na clase sobre como tratamos ben aos demais (nais, pais, avós, amigos) e como nos gusta que nos traten. Por suposto a todos nos gusta que nos traten ben: con bicos, apertas, sen gritar, axudando aos demais, coidándonos,sendo bos amigos...

Despois da conversa  decoramos as bolboretas das palabras bonitas e as pegamos no mural do cole que ten como lema: "Contra o maltrato:bo trato".



 Para conmemorar esta data tamén tivemos a sorte de gozar da actuación de Tarabelos que nos contou a historia de "Manuela e Manuel" e  ademais contamos coa presenza do señor Coucho.

Despois da actuación fixemos un debuxo da historia.

 

Divertímonos xogando nos recantos






No ximnasio


Coa teacher María sempre facemos xogos en inglés neste caso "Patch's  wardrobe". Tamén  nos sorprende con algún trebello.



domingo, 28 de novembro de 2021

CONTRA O MALTRATO: BO TRATO!!!


 Ola familias!!!

Na clase de 4 anos seguimos traballando arreo, e como o desfrutamos!!

Aproveitamos que o liquidámbar estaba precioso e moitas follas caídas na fin de semana, para ir a facer unha festa de outono, que ben o pasamos tirándo follas ao aire!!


Despois recollemos algunhas para traballar con elas, e mirade o que se nos ocorreu... perrucas outonales!!


Quedamos guapísimos!!

Aproveitamos os xogos no chan para traballar a serie numérica, o conteo e a identificación dos números vivenciándoos co noso corpo.

Ademáis aprendemos a respectar o turno e a memorizar as normas do xogo, estamos moi atentos!!

Na saída que fixemos a carballeira recollemos moitas landras, e fixemos un experimento de flotabilidade para saber cales servían para sementar e cales non. As que flotaban descartámolas e as que se afundían plantámolas nun semilleiro para ver como xerminan os carballos.


Con motivo da conmemoración do 25 N, comezamos a traballar de xeito natural na aula, sobre os bos e os malos tratos, estas son as nosas reflexións:

Temos moi claro cómo queremos que nos traten e como non debemos tratar nós a xente, isto non é un traballo que acaba pasado o 25N, senón que é unha prioridade máxima no noso día a día no cole.

Traballamos o conto de Orellas de bolboreta, que nos axudou a ver cómo Mara, unha nena coa que se metían todos os nenos, convertía tódolos comentarios negativos que lle facían en cousas bonitas, e canto importante é aceptarse e quererse a un mesmo tal e como se é.

 

Fixemos unhas bolboretas que decoramos na aula de luz aproveitando a luz ultravioleta e os biberóns de pintura fluorescente, e despois compuxemos con gomets de letras palabras de bos tratos.


Gustáronnos tantos os biberóns de pintura que lle pedimos a profe facer máis bolboretas e debuxos libres.

É así nos quedou o mural baixo o lema: "CONTRA O MALTRATO:BO TRATO!!!"


E ese mesmo día puidemos desfrutar da actuación de Tarabelos que nos contou a historia de Manuela e Manuel, unha historia que nos invitaba a abandonar os estereotipos ligados ao sexo e aceptarnos tal como somos, encantóunos!!

Seguimos traballando os volcáns e esta semana experimentamos cun novo material...o barro!! que gustirrinín!!

Deixámolo secar uns días e listo para facer a erupción!! Empregamos vinagre, xel, colorante e un par de cucharadas de bicarbonato e bummmm!!!Quedamos abraiados!!!


Na asamblea seguimos traballando os contidos máis instrumentais de lectoescritura e lóxicamatemática:

Escribimos o noso nome, contamos as letras e as sílabas que ten e escribimos o número delas.Tamén pasamos lista lendo o nome dos nosos compis, cada día facémolo mellor! Aprendemos moitísimo!!



E sobre todo seguimos xogando e aprendendo de xeito autónomo e libre!

 
 

martes, 23 de novembro de 2021

EN 5 TRABALLAMOS OS VOLCÁNS

 Aproveitando a actualidade destes meses, en 5 anos traballamos o tema dos volcáns: que son, como son, partes... Elaboramos os nosos propios volcáns e mesmo os vimos  erupcionar nos  ipads. Tamén elaboramos un grande entre todos e todas e fixemos un experimento moi interesante!!!

















domingo, 14 de novembro de 2021

O MAGOSTO EN 5 ANOS

 O pasado xoves celebramos no cole a festa do magosto. Os días anteriores preparamos en clase uns  chulísimos cucuruchos para meter as castañas . Os  coloreamos empregando unha caixa,  bólas e pinturas (cores do outono) .  Coloreamos castañas, recortámolas e pegámolas e escribimos a palabra magosto neles.

E o xoves chegou o día da celebración do magosto. Comemos  riquísimas castañas e xogamos a xogos populares. Aquí déixovos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos: xogamos á corda, aos birlos, cos aros, ao pano... Pasámolo xenial!!!