martes, 21 de decembro de 2021

O NADAL DOS PEQUERRECHOS

Na clase de 3 anos encántanos o Nadal por iso fixemos cousas moi chulas!!!

Comezamos o mes facendo uns renos con rolos de papel aproveitando que a nosa panxoliña é a de "Rodolfo el reno".

Elaboramos uns adornos para decorar na casa este Nadal.





 

  Pintamos piñas de dourado e botámoslle moita purpurina.


Fixemos uns recordatorios de Nadal moi chulos ( é o que ten ser uns grandes artistas). Primeiro pintamos cartóns de dourado.

Pintamos con cola follas naturais de carballo americano e despois cubrímolas con purpurina.


Pegamos as follas na portada do recordatorio e decoramos con estreliñas.


Pegamos a foto individual e a de grupo. Por último pegamos as letras de "Bo Nadal"

 

Preparamos as portadas das nosas carpetas dos traballiños.

 


A finais de novembro plantamos castañas. A ver se temos sorte e nace algún castiñeiro.

Pedímoslle aos nenos e nenas da clase de 4 anos o volcán que fixeron e  levamos a cabo o experimento da lava. Encantounos.


O pasado venres fomos á oficina de  correos a botar unhas cartas moi especiais para os nosos amigos e amigas. Estaremos moi atentos ao buzón da nosa casa!!!

Cando acabamos de meter as cartas na caixa de correos chegou o carteiro e sacamos unha foto con él.

Onte fomos no tren de Nadal ata Marín. Pasámolo moi ben!!!

  Hoxe recibimos a visita de Papa Noel e desfrutamos de chocolate con churros.

 



Por último os nenos e nenas de 3 anos queremos que teñades un BO NADAL E FELIZ ANINOVO, desexamos que o vindeiro ano veña cargadiño de alegría, diversión e moita moita saúde para todos.






BO NADAL

mércores, 8 de decembro de 2021

APRENDEMOS E DIVERTÍMONOS

Nesta entrada mostrámosvos diferentes actividades que fixemos ao longo deste primeiro trimestre para que vexades que cousas mais chulas facemos, o ben que o pasamos e cantas cousas aprendemos de maneira divertida!!!

Traballamos lóxica matemática:






 Xogamos e traballamos coas letras e trazos:




    (tarxetas @cosasdecoles)

  (Material @eldiariodemiaula, www.orientaciónandújar.es)

Xogamos coa ruleta de Ikea:



      (material obtenido en: @cosasdecoles)
Xogamos cos ipads:

Plantamos castañas (primeiro vimos cales flotaban e cales non , plantámolas, regámolas e gardámolas no pequeno invernadoiro do patio). A ver cantas crecen!!! 
 


Aproveitamos un libro que trouxo Iago ao cole, vimos como funciona o noso aparello dixestivo e que alimentos son máis saudables para o noso corpo e cales só podemos comer de vez en cando (a pesar de que están moi ricos...) e falamos da importancia tamén do deporte e de beber auga . Despois fixemos a pirámide alimenticia que nos quedou xenial!!!

Celebramos o 25 N: Día contra a  violencia de  xénero: lemos o conto de "Orellas de bolboreta" e traballamos o tema do "bo trato".  Despues fixemos na aula de luz unhas bolboretas  florescentes onde cada un escribiu unha palabra relacionada co bo trato e as colocamos no  mural do cole "Contra o maltrato: bo trato" sobre Mara e as súas preciosas orellas de bolboreta.


Collemos follas, comparámolas, xogamos con elas, traballamos as diferentes tonalidades...

 

                                       

Neste primeiro trimestre tamén empezamos coas mochilas viaxeiras que xa pasaron por varias familias e co préstamos de libros semanal.



Troquelamos e facemos obras de arte

Experimentamos na aula de luz:






Divertímonos no patio:

E tamén xogamos na aula nos diferentes recantos:

 


luns, 6 de decembro de 2021

PARABÉNS ANTÓN, SALMA E UNAI

 Este mes de novembro estiveron de aniversarios Antón,  Salma e  Unai que xa teñen 5 aniños.


Moitas felicidades!!!