luns, 18 de xullo de 2022

Así rematamos o curso de 4 anos!

 Ola familias!! 

Espero que esteades a pasar un bo verán!! Por aquí vos deixo as fotos do último anaco de trimestre que estivo adicado sobre todo a rematar o proxecto dos cans (canto nos gustou e canto aprendemos) o proxecto de arte de Vincent Van Gogh e a preparar a festa e a exposición do 50 aniversario do centro. Ademais de seguir aprendendo e xogando de xeito libre e autónomo, a verdade é que non nos chegan as horas!! Ollade:

Preparamos as portadas dos nosos traballiños amosando a nosa creatividade:

Aproveitamos todos os recunchos do cole para traballar, nesta ocasión escoitamos o conto de Preztel e fixemos o debuxo del na biblio:

Recibimos a visita da protectora de cans do morrazo, canto nos gustou colaborar con eles e coñecer a eses dous canciños tan agarimosos: 



Na nosa investigación sobre o proxecto dos cans, descubrimos que temos unha raza autóctona galega, o Can de Palleiro, e puxémonos en contacto con esta asociación e foron moi atentos connosco, déronnos moita información sobre esta raza e ademáis agasalláronnos cunha mochila e uns lápices de cores de Can de Palleiro!! Quedamos moi contentos e agradecidos!!



 

 Fixemos un memori das razas de cans que traballamos, encántanos xogar a él!!

 

Como aprendemos moitísimo sobre o proxecto cans levamos un súper agasallo de fin de proxecto: Unha gorra de cans que decoramos ao noso gusto: quedamos guapísimos!!



Continuamos co proxecto de Vincent Van Gogh e decoramos a nosa entrada cun campo de xirasois e traballamos as súas obras: Noite estrelada e a Habitación de Arlés, despois decoramos a nosa carpeta de artistas con pinceladas ao estilo Van gogh:

 

 


 Seguimos traballando a nosa xeografía, que importante é saber onde temos os pés!!


E comezamos coa preparación da festa!! 

Elaborando o expositor de fotos para a exposición:


Coñecemos o elemento que imos presentar na exposición: Os minerais e elaboramos o cartel cun mineral, o sal, que pintamos con acuarelas.

 

 


Preparamos banderíns para decorar todo o porche para a festa:

E chegou o día da festa!!!!!





Pasámolo en grande!!!

Os últimos días de curso aproveitamos para: 

Celebrar os aniversarios de verán:


 Desfrutar dun story-telling coa teacher Pachú:

 

 E seguir creando, construíndo, aprendendo, coidando da natureza, xogando, manipulando, imaxinando... todo o que se nos dá ben aos pequechos!!!






E rematamos o curso cunha merendola!!


Agora cargade pilas no verán para voltar con moitas ganas para o curso que vén!!! Moitas apertas!!!



domingo, 12 de xuño de 2022

OS LAGARTIÑOS DE SEIXO NA PRAIA!

Toda a tropa de infantil marchamos de ruta ata Aguete a desfrutar dunha xornada moi especial con todos os compis para despedir o curso. 

Tivemos tempo de xogar na auga e na area, de facer un pícnic merenda, de saborear uns xeados... e todo fixémolo xuntos... aproveitamos o tempo ao máximo!!

Ademais fomos andando e fixémolo de marabilla!! aínda que era un día moi caloroso camiñamos coma expertos, daba gusto vernos cantando por Seixo adiante!

Deixámosvos un vídeo cheo de risas e diversión, imposible resumir máis este día tan chulo!

A QUE XOGABAN OS NOSOS PAPAS E MAMÁS CANDO ERAN PEQUENOS?

Ola familias! Como xa ben sabedes este curso o PDI do centro cursa sobre o 50º aniversario do cole e a clase de 6º de infantil traballamos, coa vosa axuda,  sobre os xogos aos que adoitaban xogar os nosos papás e mamás ou os avós e avoas cando eles tiñan máis ou menos nosas idades e viñan ao cole .

Para iso  contamos coa colaboración de varias familias.

A primera en participar foi o o papá de Tomé. Diego ensinounos como se xogaba ás chapas. Comentounos que as personalizaban e decoraban para saber e distinguir  cada un ás súas . Despois facían un circuíto con diferentes tramos e trampas (a saída e meta, a morte...) procurando non saírse do circuíto xa que iso implicaba volver ao tramo anterior ou volver empezar...O  gañador era o  que primeiro chegase á meta. Estivemos a practicar varias veces e pódovos asegurar que non é nada doado...



Ademais das  chapas , xogamos tamén ao "Toma tomate tómao..." (a este si que xogaba eu de pequena...) e no que tiñamos que estar moi atentas e atentos de que a última  palmada non nos dese na man...
Tamén trouxo unha buxaina e fíxoa bailar. 


 Para rematar ensinounos algunhas maneiras de "botar a sorte":
-  Uni- doni- teni- cudeni- suani- badana- cinchín-  carrampín  catro  pes e van deas
- Xaquín,  xacán
 a  cabalo  dun can
 ou can era  coxo
  caeu  nun  toxo
 ou  toxo era  brando
  caeu  nun campo
 ou campo era duro
 e  rompeu ou  bandullo 
- Ano de cesta
 ano de  besta
  dixo  meu  pai que estaba  nesta


Outra das familias que participaron foi a de Olivia. Neste caso Fátima ensinounos tres xogos:
"A  raiuela": este xogo é moi coñecido aínda hoxe en día e no cole contamos co debuxo no patio, así que , despois de que nos ensinase as regras do xogo estivemos a tentar botar a pedra (que non se nos saíse do recadro) e ir pasando de primeiras a segundas, terceiras... e a pé manco!!!


O segundo xogo que nos ensinou foi o de "pelota anel" que consistía en que todos sentados formando un circulo, un neno ou nena leva nas súas mans unha argola (pequena) e tena que deixar caer nas mans dun dos seus compañeiros/as sen que o "vixiante-policía" , que ten que estar moi atento/a, se de conta. Foi moi divertido, e tampouco era fácil adiviñar, xa que moitos o facían de marabilla!!!
E o terceiro xogo foi o de "Pasa o tren" (eu coñézoo como pase  misí-pase  misá) e que consiste en que hai dous nenos/as que forman unha ponte e cada un deles elixe unha cor, ou unha froita... e os demais, en forma de tren van pasando por baixo da ponte cantando unha canción. Cando ésta remata o neno ou nena que queda atrapado na ponte ten que elixir entre as dúas opcións e colocarse detrás dun deles (do que elixiu a súa opción). Así ata que pasen todos/as e haxa dúas filas. Ao final teñen que tirar uns para un lado e outros para outro e a ver  quen gana!!!

  


 Canción:
Pasará, pasará
pero alguno quedará , 
si no es el que va delante 
será el que va detrás

 E o último en vir foi o papá de Brais, David, que nos ensinou o xogo dos trompos. Ensinounos como atalos, como collelos de forma correcta para facelos bailar e tiralos ao chan, aínda que esta parte resultounos bastante difícil...

Explicounos que se facía un circulo no chan e  alí metíanse as buxainas vellas, ás que había que intentar  darlle un  calote (tentar furalos) ou botalos fóra  do círculo para así poder quedar con eles.

Tamén ou  fixo bailar sobre a  súa  man!!!




Tamén aproveitamos e xogamos a outro xogo popular como son os "bolos"

Moitas grazas familias pola vosas colaboracións!!!

martes, 7 de xuño de 2022

ARTISTEANDO CON JACKSON POLLOCK

Neste trimestre os nenos e nenas de 3 anos traballamos un proxecto de arte sobre  Jackson Pollock e investigamos cousas da súa vida e obra. Primeiro descubrimos o seu nome xogando a descubrir que letras forman o seu nome, falamos un pouco da súa vida, e analizamos os seus cadros, o que nos suxiren, o seu xeito de pintar, as cores que empregaba, etc. A verdade  é que xa somos uns expertos nel.

Pintamos con canicas



  Goteamos



 

 Salpicamos cos pinceis




 Pintamos con ramiñas



Pintamos con puverizadores