domingo, 24 de xaneiro de 2021

Semana de borrasca...

Ola familias!! Aquí vos deixo o resumo desta semana, fixemos unha chea de cousas!!

 Comezamos a semana traballando matemáticas... cada un de nós escolleu un número do 1 ao 10, representámolo cos dedos das mans, colocamos as piruletas correspondentes no seu número, contamos co ábaco as boliñas según a cantidade escollida, e seguimos a grafía repasando co dedo na pizarra.

 

 

O martes, Arnaldo tróuxonos unha ficha do numero un, e coa axuda dun bebé que tiña 1 ano, aprendemos a seguir a grafía deste número seguindo a direccionalidade correcta. Fixémolo xenial!!
 

 

Ademais, esta semana Arnaldo prestounos dous xogos da bibliteca, aprendemos a xogar a Wauu! e a o Frutalito.



 

O mércores o tempo sorprendeunos cunha borrasca!! Viñemos moi abrigados e enseguida nos puxemos as zapatillas para ter os pés ben quentiños..


Aproveitamos para ver os mapas de satélite para observar como se formaba a borrasca e despois fixémola nós mesmos.

 O traballo de mesa funciona a todo tren!! Os pequechos saben perfectamente o que teñen que facer para traballar en equipo e organízanse moi ben!




 

Divertímonos moito nos xogos nos recunchos... fixemos mandalas con elementos naturais, desfrutamos montando puzzles máis dificiles, construccións, obras artísticas...





A profe Natalia montounos un circuito no que desfrutamos moito e queimamos enerxía!

Acabamos esgotados!!


Mais diversión no patio...


Primeiras creacións escultóricas!






domingo, 17 de xaneiro de 2021

ANIVERSARIOS XANEIRO

Aquí tedes aos maiores da clase. Sergio, Tomé e Raquel xa cumpriron os 5 aniños. Moitos parabéns mozos e moza!!!




 

sábado, 16 de xaneiro de 2021

Segundo trimestre rodando!!

 Ola familias!! Aquí vos deixo un resumo do que foron estes primeiros días no cole... deunos tempo para moito!! Mirade, mirade!!

O primeiro de todo... abrir e desfrutar dos agasallos de Nadal! Portámonos tan ben, que os Reis magos e Papá Noel nos deixaron unha casita de muñecas, un garaxe de coches, un tendal para tender a roupa dos bebés, e unha pista de tren!!






Subimos a casa de Arnaldo porque nos tiña preparada unha sorpresa... Un novo proxecto para nós!!

Amosounos dous contos sobre a maternidade, o nacemento e os bebés...


 

Despois reflexionamos un chisquiño sobre o que nós sabíamos sobre os bebés... e saíron ideas como estas:

Novas actividades de lectoescritura...

Conto de inverno...RENATO.

  

E máis xogos, diversión e descubrimentos no patio!!















luns, 11 de xaneiro de 2021

PROXECTO O NOSO CORPO (III)

Xa terminamos o proxecto de "O noso corpo" e hoxe déixovos algunhas actividades que fixemos na aula para traballar e ampliar o coñecemento do noso corpo. 

Para esta primeira actividade empregamos o conto "Aquiles o puntiño" e así de chulas quedaron as nosas produccións:




Tamén xogamos a facernos en plastilina:


Outra das actividades que realizamos foi facer un quebracabezas xigante dun esqueleto que despois fixemos individualmente nunha ficha.

E para terminar déixovos dúas fotos de dúas maquetas dos nenos e nenas maiores do cole (do curso pasado) que utilizamos para observar como funciona o sistema circulatorio e os pulmóns.



Esperamos que vos gustara!!!
 

domingo, 10 de xaneiro de 2021

XA CHEGARON OS REIS MAGOS!!!

 Ola familias:

Feliz ano novo!!!
Os Reis Magos tamén pasaron polo cole de Seixo e na clase de 4 anos deixáronnos uns poucos agasallos que abrimos entusiasmados (e isto  foi porque fomos bos e portámonos moi ben).


sábado, 9 de xaneiro de 2021

PARABÉNS HUGO!!!

Xa temos todos/as 4 anos!!! Moitas felicidades Hugo!!! 

E para a semana temos que facer as coroas de dous nenos que xa cumpriron os 5 anos... Pero que rápido pasa o tempo e que maiores somos!!!