xoves, 7 de marzo de 2024

FEBREIRO NA CLASE DE 4 ANOS

Comezamos febreiro traballando a tope para rematar os disfraces de Píntegas. Esta primeira semana do mes pasámolo pipa co mandadiño, incluíndo un desfile de pixamas que foi mooooi divertido!! A chuvia non nos deixou facer o desfile do cole, pero despedimos a semana lucindo os nosos disfraces preferidos.


Despois das vacacións de entroido tivemos unha semana de so dous días no cole, pero aproveitámolos ao máximo para darlle o toque final as nosas píntegas e celebrar o entroido de Seixo cheo de vida coas familias. Foi un día fantástico e alucinamos con todas as mamás e avoas que se animaron a facer os seus disfraces! Se queredes ver máis vídeos do entroido pinchade AQUÍ e iredes directos ao blog de Arnaldo.


Durante a semana do 16 ao 23 de febreiro, ademais de todas as cousas que facemos cada día, conmemoramos o día de Rosalía de Castro facendo artistadas, recitando... que vivan a poesía e o galego! Durante unhas semanas estará con nós a profe Nerea que, ademais de ser moi divertida e cariñosa, tamén nos axuda un montón!


Na última semana do mes comezamos unha dinámica, que faremos todos os luns, na que compartimos recordos da fin de semana e facemos un pequeno traballo: encántanos contar o que facemos coas nosas familias! E seguimos xogando co son das letras, aprendendo a medir os obxectos, facendo artistadas (como os Peliqueiros tan chulos fixemos con Jeni)... sempre aprendendo sen deixar de sorprendernos coma nos pasa na aula de luz.
 

Unha actividade moi especial, que fixemos a última semana, foi unha sesión de mindfulness e sonoterapia que merecía un vídeo propio, porque é moi relaxante vernos! Esta actividade, que está dentro dos Contratos programa (EDUsaude), fíxose, en varias sesións, para todo o centro, porque temos claro que o benestar físico e emocional do alumnado é decisivo para a consecución dunha aprendizaxe efectiva. Mirade canto desfrutamos esta sesión con Cristina, que volverá en abril para facer unha sesión de ioga. Facíannos falta estes instrumentos para clase!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario