No primeiro trimestre, os pequerechos de 5 anos estivemos investigando sobre O antigo Exipto. A verdade é que estamos feitos uns verdadeiros expertos.
Os nenos e nenas trouxemos moitas cousiñas de casa (unhas auténticas marabillas)
Investigamos onde está Exipto no mapa e fixemos unha maqueta do río Nilo, deserto do Sahara e das terras de cultivo.
Investigamos sobre as piramides o seu interior e a súa función.
Investigamos sobre as crenzas dos exipcios e dos principais deuses.
Traballamos os amuletos exipcios (chave da vida, Ollo de Horus, cobra e escaravello)
Estivemos traballando aspectos como a súa alimentación, de como vivían, da importancia do río Nilo nas súas vidas, faraóns, templos como de Abu Simbel, e monumentos,...
Ningún comentario:
Publicar un comentario