mércores, 27 de marzo de 2024

OS PEQUENOS DE TRES SEGUIMOS CRECENDO!!!

 Os pequenos de tres anos seguimos crecendo e xa superamos o segundo trimestre xogando, compartindo e aprendendo unha chea de cousas. Aquí deixámosvos algunhas fotos das cousas tan interesantes e divertidas que facemos no cole. Esperamos que vos gusten!!!

-  Un día en clase atopámonos unha araña que chamou a nosa atención. Aproveitamos este achado para iniciar o proxecto relacionado con "PDI  do cole" deste ano que versa sobre a "flora e fauna de Seixo" . E así, prantexándonos moitas dúbidas e contando coa colaboración das familias, comezou o noso primeiro proxecto "As arañas".

 

Os nenos/as troxeron os seus traballos de investigación que expuxeron os compañeiros/as e relizamos moreas de actividades sobre as arañas , as súas características, curiosidades... Aprendimos moitas cousas sobre elas.






 -Chegou o entroido e ademais de facer diferentes traballamos plásticos como uns chulísimos antefaces na aula de luz disfrazámonos de simpáticas arañas .




 - Tamén traballamos o Día de Rosalía de Castro

- Xogamos con Hervé Tullet...





- Continuamos coñecendo as letras (sobre todo as dos nosos nomes ).






- Traballamos a época do ano na que nos atopamos 

 







- Aprendemos xogando nos diferentes recunchos e con diferentes actividades.







- Coa profe Jeni facemos cosas xeniais e super chulas coa plastilina 

- E como non seguimos celebrando os aniversarios destes meses. Felicidades Azael, Brais e Caty!!!



Esperamos que vos gusten as cousas que fixemos e...disfrutade moito das vacacións para volver con moito ánimo a por o terceiro trimestre!!!

Boas vacacións familias !!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario