Na clase de 3 anos (de 3 anos e de 4 recén cumpridos jejeje) hai un conto de Kalandraka que nos encanta: A QUE SABE A LÚA?. Ademais pasamos momentos xeniais con el gracias a estas cousas tan chulas que nos fai o profe Jorge:
Os animaliños deste conto fanse moitas preguntas como os nenos e nenas de Seixo......e preguntáronse un día: A que sabe a lúa?
Neste divertido conto, os animais unidos (porque nin a xirafa que é tan alta o tería conseguido soa...) descubrirán a que sabe a lúa grazas á colaboración, ao esforzo, a axuda... e tamén descubrirán que as cousas compartidas sempre saben mellor.
Premede nesta imaxe para ver un trociño do conto... quedaredes con ganas de velo enteiro!! |
E como coñecemos moi ben esta historia, estivemos na pizarra máxica xogando e poñendo a proba os nosos coñecementos sobre o conto...
Despois de escoitar o conto narrado por nenos e nenas do cole de Pazos, fixemos as actividades que estaban mais adaptadas para nos.
Aquí vos deixamos un enlace ao xogo (premendo na imaxe) para seguir xogando na casa.
E outro enlace con outro ao que aínda non xogamos no cole pero que tamén ten actividades moi divertidas.
Aquí tedes un vídeo do conto para ver en familia
E para rematar aquí vos deixamos un audioconto... para que vos tumbedes e o escoitedes. Atopámolo nun blog de contos que nos encanta! Premede na imaxe e iredes directos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario