O venres 27 de febreiro, todos os pequechos do cole collemos un bus rumbo a Vigo para visitar o museo do mar... porque este curso estamos aprendendo moitas cousas relacionadas có mar e queríamos coñecelo!
Aquí tedes unhas fotos da primeira etapa da nosa excursión: saímos no bus dirección Vigo, nun día moi soleado que nos permitiu, mentres esperábamos á hora de entrar, merendar no exterior no museo, dar un pequeno paseo polos arredores, ver o faro...
Mirade que guapos todos paseando e mirando este fermoso mar coas Illas Cíes ao fondo... un espectáculo para a vista!
Os da clase de 4 anos coa profe Bea |
Os de 5 anos coa profe Maricarmen e con Ana |
Os da clase de 3 anos |
Despois separámonos en dous grupos,todos vimos e fixemos as mesmas cousas pero en diferente orde para aproveitar mais a visita.
Os de 3 e os de 5 estivemos xuntos. Comezamos a nosa visita vendo o museo, e aprendemos moito sobre as baleas (os de 5 que son os expertos xa vos contaran mais cousas).
Fixemos prácticas de pesca, de caza de baleas.... vimos que peixes se poden vender no mercado e cales deben voltar ao mar....
Fixemos prácticas de pesca, de caza de baleas.... vimos que peixes se poden vender no mercado e cales deben voltar ao mar....
Os de 4 anos comezamos polo acuario, onde puidemos ver moitos peixes dos que hai nas augas galegas.
No medio da visita, cando os de 3 e 5 íamos para o acuario e os de 4 para o museo, cruzámonos e cantamos unha canción... todos moi forte!!!
Encantounos o acuario e todos os peixes que alí hai... e todo o que nos contaron! Non puidemos sacar fotos de moita calidade porque o flash molesta aos peixes... pero aquí vos deixamos un resumo das fotos que sacamos e que seguro que a todos os peques nos traen moitos recordos.
Estade atentos que os de 5 anos xa vos contarán algunha cousa mais do que aprendimos sobre baleas e que veran con mais detalle na investigación do seu proxecto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario