luns, 2 de marzo de 2015

PROXECTO BALEAS (8)

Se estivestes atentos ao noso último vídeo escoitariades que os bebes das baleas chámanse baleatos e que miden 7 metros... falábamos dos bebés de balea branca que é a mais grande de todas.
Fixemos unha actividade moi divertida para darnos conta da medida dun baleato de balea branca... collemos un plástico moi raro que trouxo a profe (seica viña protexendo uns altavoces) e estirémolo ata chegar aos 7 metros... guauuuuu, pensamos: se o baleato é así de grande: como será a súa mamá??!!!


Cando rematamos de ver a medida do baleato... a profe ía tirar o plástico... pero non o podíaos permitir!!! 
Despois do que falamos sobre o contaminantes que son os plásticos, tiñamos claro que había que Reciclalo, Reusalo ou Reutilizalo... así que a profe o dividiu en trociños e dunha forma moi sinxela... cada un fixo un baleato.


Estos baleatos feitos de plástico recordaránnos o coidado que debemos ter cos plásticos para coidar ás baleas. Todos levamos o noso baleato e as tarxetas que fixemos para compartir esta mensaxe.



Ningún comentario:

Publicar un comentario