Unha das actividades que fixemos os de 3 anos no entroido foi ao redor dun conto cheo de cores: QUEN É ESE BECHO? un conto da editorial Kalandraka.
Se premedes na imaxe veredes un anaquiño do conto... e quedaredes con ganas de mais! |
Este conto percorre en cada páxina diferentes bechiños de cores e tamaños, formas e aparencias. Creatividade, xogo e humor nun libro para practicar a descrición, o recoñecemento e asimilar o fenómeno da diversidade.
Despois de lelo e xogar coas descripciones, puxémonos mans a obra para crear cada un o noso becho: único e especial.
Aproveitamos para reciclar os tubos de papel aos que lle botamos moita imaxinación.
Queredes ver o resultado? así de divertidos quedaros os nosos bechos... todos son diferentes... coma nos! ;)
E despois, cunha gran portada do libro fixemos un photocall do mais divertido (grazas aos artistas... mil bicos!)
Mirade que guapos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario